Miro Casabella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m adicar->dedicar
Zumbi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Estudante de Arquitectura en [[Barcelona]], o seu debut musical acontece no ano [[1967]] nesa cidade, acompañando a cantantes da [[Nova Cançó]] Catalana. Será tamén en [[Cataluña]] onde grava os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta:'' Miro canta as suas cancións'' e ''Miro canta cantigas de escarnio e maldizer''. Ambos os dous traballos son EP's de catro cancións. O seu contacto co grupo [[Voces Ceibes]] terá lugar a mediados do ano [[1968]], cando [[Benedicto]] e [[Xerardo Moscoso]] acudan á capital catalana para gravar os seus primeiros traballos. Miro integrase completamente no colectivo, aínda que continúa cos seus estudos en Barcelona. Durante os seguintes anos colaborará en xiras por [[Francia]] acompañando a [[Paco Ibáñez]] e polo [[España|Estado español]] colaborando co cantor portugués [[Luis Cília]].
 
No ano [[1970]] participa no I [[Festival da Canción Ibérica]], xunto con [[Paco Ibáñez]], [[LuisLuís Cília]], [[Xabier Ribalta]], e [[José Afonso]]. Tamén nese mesmo ano toca en [[París]] na Festa da Humanité, a festa do [[Partido Comunista de Francia]], onde actuarán tamén figuras como [[Georges Moustaki]], [[Paco Ibáñez]] ou [[Joan Baez]].
 
A finais do ano 1974 o grupo [[Voces Ceibes]] decide finalizar o seu proxecto e dar comezo ao [[Movemento Popular da Canción Galega]] onde, cunha perspectiva ampla, teñen cabida múltiples artistas de distintos estilos. Miro participa do novo colectivo e actúa no seu único concerto, o [[2 de marzo]] de [[1975]] que consegue reunir a máis de 5000 persoas no Pavillón do Obradoiro, en [[Santiago de Compostela|Compostela]].