Contido eliminado Contido engadido
Liña 176:
 
Grazas.--[[Usuario:Quatrinauta|QuatriNauta]] 15:58, 16 marzo 2008 (UTC)
 
 
 
Insisto de novo na petición de que xustifiques '''pormenorizadamente''' as graves actuacións que fixeches, cales son en concreto os insultos que te levaron a bloquear a Maañón e xustificalos como tales. As xustificacións xenéricas non valen, non se pode bloquear por infinito á xente simplemente porque ti consideres insultos as opinións doutra persoa, máxime cando ti es xuíz e parte neste asunto.
 
Disme que o meu deber é animar a Prevert. E quen anima a Xosé? Animar a Prevert a que? a que siga descalificando con acusacións infundadas a Xosé? Eu traballo aquí porque quero, animo a quen considero necesario, eu non lle debo nada a ninguén, e non teño porqué rendirlle pelitesía a ninguén.
 
Non entendo como consideras insultos o que di Maañón e non o consideras para as gravísimas acusacións que fai o usuario Prevert. Se me permites un consello, deberías ser máis coidadoso e mostrar máis imparcialidade da que mostras, porque senón alguén podería pensar que hai algo de verdade en todo iso do "gran lider" e dos peóns.--[[Usuario:Quatrinauta|QuatriNauta]] 11:59, 17 marzo 2008 (UTC)