Gradiente adiabático seco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: ((ciencias en progreso)) Para comprender o significado de '''gradiente adiabático seco (GAS)''' é necesario saber ó que nos referimos co termo gradiente en si. Este é a difere...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de febreiro de 2008 ás 23:50

((ciencias en progreso))

Para comprender o significado de gradiente adiabático seco (GAS) é necesario saber ó que nos referimos co termo gradiente en si. Este é a diferencia de temperatura que existe entre dous puntos situados a unha diferencia de altitude de 100 m.

Centrándonos no GAS, o valor que se determina para este gradiente é de 1ºC/100 m , e recibe a denominación seco porque contén auga en forma de vapor. Podemos dicir del que é un proceso dinámico ( a diferencia do gradiente vertical de temperatura) xa que afecta a una masa de aire que se encontra realizando un movemento vertical debido o seu estado de desequilibrio co aire circundante.


Proceso

Unha porción de aire, por ser mal conductor de calor, non vai a intercambiar nin transferir calor coa atmosfera. Polo tanto se existen variacións de temperatura na mesma porción de aire, estas serán causadas pola súa actividade molecular interna. Estas modificacións prodúcense adiabaticamente e se deben soamente ó cambio da presión atmosférica producidas polo movemento vertical dunha porción do aire.

Tendo en conta o principio físico polo cal unha porcion de aire aumenta a súa temperatura se é comprimida, se se produce o proceso contrario, é dicir se se expande, disminue: a porción de aire en elevación expándese debido a que a presión que soporta é menor coa altura. Polo tanto, a súa temperatura tamén descende debido a que a fricción das moléculas de aire é menor.


Outros artigos relacionados

Gradiente adiabático saturado


Ligazóns

http://www.cepis.ops-oms.org/bvsci/e/fulltext/meteoro/lecc4/lecc4_1.html

http://www.rinconsolidario.org/meteorologia/webs/dingra.htm