Bilbo Bulseiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 8:
Os Ananos, liderados por Thorin, necesitaban un membro máis, un saqueador experto, para poder levar a cabo o seu plan: alcanzar a [[Montaña Solitaria]], derrotar ó gran dragón [[Smaug]] e recuperar o Reino Baixo a Montaña.
 
Gandalf recomendáralles para esta misión a '''Bilbo''', e deste modo o Hobbit viuse envolto nunha aventura que xamais imaxinara. Polo camiño lograron a duras penas (e grazas á axuda de Gandalf) escapar dos [[TrollsTroll (Terra Media)|Trolls]], e foi na súa gorida onde atopou un coitelo dos Elfos de [[Gondolin]] (como máis tarde lles contaría [[Elrond]]), que se converteu na súa espada, á que chamou [[Aguillón (Terra Media)|Aguillón]].
 
No seu paso polas [[Montañas Bretemosas]], '''Bilbo''' atopou un anel máxico, que ata ese momento estaba en poder dunha criatura misteriosa chamada [[Gollum]]. '''Bilbo''' ten que xogar a vida con Gollum nun torneo de adiviñas, do que sae vitorioso, pero non do modo máis "ortodoxo". '''Bilbo''' descobre casualmente que o Anel confire a invisibilidade e grazas a isto, logra escapar e reunirse cos seus compañeiros.