Anel Único: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 4:
==Descrición==
O Anel Único foi creado polo Señor Escuro [[Sauron]] durante a [[Segunda Idade do Sol|Segunda Idade]] para facerse co dominio dos [[pobos da Terra Media|pobos libres da Terra Media]]. Baixo o disfrace de ''Annatar'', ou "Señor dos Dons", axudou os ferreiros élficos de [[Eregion]] e o seu líder [[Celebrimbor]] a crear os [[Aneis de Poder]]. Despois el mesmo forxou o Anel Único nos lumes do [[Orodruin|Monte do Destino]]. A súa intención era que fose o máis poderoso de todos os Aneis, capaz de gobernar e controlar os outros (sempre que os seus donos os levasen postos). Dado que os outros Aneis eran inmensamente poderosos, Sauron viuse na obriga de insuflar nel a maior parte do seu [[poder]], forza vital e [[vontade]] innatos para atinxir o seu propósito. Como efecto secundario disto, mentres o Anel existise sería imposíbel expulsar ao seu creador do plano dos mortais. O risco para Sauron era que se perdese o Anel, tamén el perdería una considerábel cantidade do seu poder, e se for destruído, quizais mesmo a súa vida.
 
O Anel semellaba estar feito de simple ouro, mais debido ao inmenso poder contido nel, era inmune a calquera dano. O único xeito de destruílo era arrebolándoo ao foxo do [[volcán]] [[Orodruin]], onde fora forxado en orixe. Ao igual que os aneis menores forxados polos [[Elfo]]s a xeito de "ensaios para o perfeccionamento da arte" (e á diferenza dos demais Aneis de Poder), non levaba ningunha [[xema]] incrustada, mais podía ser identificado cunha simple (aínda que pouco coñecida) proba: ao se quentar, amosaba unha ardente inscrición [[Tengwar]] na [[Lingua Negra]] de [[Mordor]]. As liñas acabaron incluidas nunha rima popular que describía os Aneis, mais resultaba evidente que eran parte do feitizo usado para infundir o poder no Anel Unico, posto que os elfos ouviron a Sauron pronunciar esas mesmas palabras durante a creación do Anel; este foi o motivo polo cal quitaron os seus propios aneis e frustraron o seu plan.
 
Cando unha persoa puña o Anel, era parcialmente transportada desde a esfera física á esfera espiritual. Alí, se era quen de someter de maneira consciente a vontade do Anel coa súa propia, podería controlar os poderes que tiña Sauron antes de perder o artefacto, especialmente o de gobernar e escravizar as vontades alleas. Un dos efectos secundarios do Anel (e normalmente o primeiro en ser percibido) era o feito de facer que aquel que o levaba posto resultase invisíbel para os seres físicos, como os [[Home]]s viventes, mais moi visíbel para os seres espirituais, como os [[Nazgûl]]; alén diso, anubraba a súa vista e agudizaba o seu ouvido. Este "mundo espiritual" era onde os Nazgûl estaban condenados a vivir permanentemente, mais tamén era o mundo no que os [[Calaquendi]] (Elfos da Luz) posuían un grande poder: é por isto que [[Glorfindel]] foi capaz de escorrentar o [[Rei Bruxo de Angmar|Rei Bruxo]] na [[Batalla de Fornost]] e de novo máis adiante no [[vao]] de [[Bruinen]] en [[Valfendido]].
 
Outro aspecto da natureza do Anel era que corrompía ao seu portador de maneira lenta mais inexorábel, independentemente das súas intencións ao respecto. Non se coñeceDescoñécese se este efecto foi introducido especificamente como parte da maxia do Anel ou se se debe sinxelamente á súa maligna orixe (cabería agardar que Sauron dotase o seu Anel Único dunha propiedade así, aínda que por outra banda probabelmente pensaba ser o único en usalo). Por este motivo os Sabios, incluidos [[Gandalf]], [[Elrond]] e máis [[Galadriel]], rexeitaron usalo na súa propia defensa, e resolveron que cumpría destruílo.
 
O enigmático [[Tom Bombadil]] non se vía afectado polo Anel. Isto podería explicarse de diversas maneiras. (Véxase o artigo acerca de Tom Bombadil, que inclúe varias teorías.)