Fragas, Campo Lameiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
engado Patrimonio e fotografías
Lameiro (conversa | contribucións)
completo enlace interno
Liña 2:
 
==Patrimonio==
A [[igrexa de Santa Mariña de Fragas|igrexa parroquial de Santa Mariña de Fragas]] conserva a fachada [[románico|románica]] (do [[século XII]]), estando completamente reformado o resto do templo. Sobre a porta existe un sinxelo [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] no que se representa a un [[bispo]] bendecindo ós fieles, acompañado dunha figura cunha cruz e outra cos [[evanxeos]].
 
No territorio desta parroquia atópase un dos numerosos complexos de [[petróglifo]]s que existen en Campo Lameiro. Denomínase a ''Pedra da Boullosa'' e posúe abondosas insculturas de animais (entre os que destaca unha serpe de case 5 metros de lonxitude), círculos e cazoletas. Tamén pode verse unha figura humana cun pau na man dereita.