Arquitectura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
cor enlace
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Parthenon-Restoration-Nov-2005-a.jpg|thumb|300px|[[Partenón]] de [[Atenas]]]]A '''arquitectura grega''' é unha parte fundamental da cultura grega. A vida urbana grega e a súa organización democrática posibilitou a construción de edificios públicos. O centro da cidade grega era a praza pública, a [[ágora]], nun lugar próximo, elevado sobre un outeiro levantábase a [[acrópole]], recinto no que estaban os templos das principais deidades e en orixe tamén a morada dos gobernantes; a parte máis baixa da cidade estaba destinada ás clases populares. O templo, que tiña como función albergar a imaxe antropomórfica da divindade, participaba tamén do carácter público e democrático da sociedade. O edificio, sobre gradas, era de planta rectangular cunha sala central, naos, onde se situaba a figura do deus, un portico dianteiro, pronaos, onde se colocaba a ara, para a celebración dos ritos. Arredor do templo desenvolveuse axiña un pórtico columnado, peristilo. Tamén se construíron, aínda que eran menos frecuentes, templos circulares chamados tholos.
 
A [[columna]] era o elemento protagonista da arquitectura grega, mesmo ata chegar a ser determinante das tipoloxías arquitectónicas, toda orde grega consta de dúas partes esenciais, unha sustentante, constituida pola columna, e outra sustentada, o entaboamento, entre as dúas partes gárdase unha estreita relación proporcional. A columna artéllase en tres elementos, a [[base (arquitectura)|base]], o [[fuste]] e o [[capitel]] e o [[entaboamento]] consta de [[arquitrabe]], [[friso]] e [[cornixa]].