Catalán no Rosellón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{enuso}} O Rosellón é unha rexión histórica, tradicionalmente, parte de Cataluña e de lingua catalá pero tras o Tratado dos Pireneos asinado en 1659 entre [[...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
O [[Rosellón]] é unha rexión histórica, tradicionalmente, parte de [[Cataluña]] e de [[lingua catalá]] pero tras o [[Tratado dos Pireneos]] asinado en [[1659]] entre [[España]] e [[Francia]] separouse do resto de Cataluña para quedar baixo soberanía francesa, formou xunto coa comarca de [[lingua occitana]] de [[Fenolleda]] o departamento dos [[Pireneos Orientais]]. No Rosellón o catalán mantívose como a lingua da práctica totalidade de poboación mentres o francés non pasou de ser a lingua administrativa e do exército ata o comezo da [[Revolución Francesa]] cando comezou a ser aceptada polas clases dirixentes, con todo o primeiro chanzo de substitución lingüística entre a maioría da poboación principiou coa extensión da educación gratuíta e obrigatoria en 1881 e sobre todo a partir de 1930-1945.
 
== Ensino ==
A [[lei Deixonne]] de [[1951]] permitiu o ensino, sempre de xeito voluntario, das denominadas linguas e dialectos locais, en principio unha hora por semana e desde 1983 tres horas. No ano 1976 aparece a rede de escolas Bressoles, escolas comunitarias con ensino bilingüe. En 1990 unha escisión leva á aparición da asociación Arrels que xestiona unha escola en [[Perpiñán]], nese ano aprobouse o CAPES de catalán (que capacita ao profesorado de ensino secundario). En 1996 na escola arrels e nas 5 bressolas estudaban 300 alumnos, no ano 2008 eran 8 bressolas e 1 arrels, en total contaban cuns 750 alumnos.