Historia do manga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: ''Para a definición xeral, ver manga'' ==Orixe== O manga procede de Xapón. O manga é considerado unha arte xa que se ven practicando desde hai algo máis de dous [[século|séc...
 
Liña 49:
Pero o gran éxito que a producción xaponesa ''Akira'' levou a occidente non foi algo que xurdiu repentinamente. Xa nos [[años 1960]] [[Osamu Tezuka]]tiña vendido os dereitos de emisión da súa primeira serie ''[[Astro Boy]]'' á cadea estadounidense NBC conseguindo un éxito bastante notable de audiencia infantil. Nos anos setenta, sucedéronse as series de animación ''[[Mazinger Z]]'', ''[[Great Mazinger]]'', ''[[Grendizer]]'', sendo esta última un estalido mediático en Francia, onde sería coñecida como ''Goldorak''. Todas elas baseábanse nos cómics de [[Gō Nagai]], actual magnate dun imperio de distribución editorial. Na década dos 80, comezaron a destacarse series de outra índole, como ''[[The Super Dimension Fortress Macross]]'', coñocida en Occidente por ''[[Robotech]]'': o ''remake'' de Osamu Tezuka de ''Astroboy'' filmada esta vez a cor e con aires xa máis modernos. Á que sumouse a saga épica ''[[Gundam]]'', serie, só superada en temporadas e episodios pola serie de animación estadounidense ''The Simpson''.
 
Un dos autores máis relevantes e importantes no apoxeo mediático de finais dos oitenta e principios dos noventa, foi [[Akira Toriyama]], creador da famosa serie ''[[Dragon Ball]]'' e da serie ''[[Dr. Slump]]'', ámbalas dúas caracterizadas polo seu humor picante, irreverente e absurdo. Tal foi o éxito das súas obras que nalgúns países europeus chegou a superar nas listas de ventas ao cómic estadounidense e ás produccións autóctonas durante algúns anos. Este fenómeno foi moi marcado en [[España]], onde en poucos anos ''Dragon Ball'' vendeu tantos exemplares, que hai quen consideraoa considera a [[banda deseñada]] de orixe estranxeira máis vendida na historia do país. A revista ''[[Shōnen Jump]]'' —en momentos puntuais, especialmente durante algunhas semanas que coincidían con episodios decisivos da serie ''Dragon Ball''— chegou a aumentar a súa tirada semanal a 6 millóns de exemplares.
 
Hoxe en día, o ''manga'' consolidouse na sociedade occidental debido ao éxito conseguido durante as décadas pasadas. Incluso foi imitado por autores europeos e estadounidenses, que trataron de uitilizar a estética e os recursos visuais deste tipo de bd. A importancia do manga aumentou considerablemente, deixando de ser algo minoritario en Occidente para constituirse nun fenómeno comercial e cultural, en competencia directa coa hexemonía da producción estadounidense e europea.
 
Incluso a poderosa [[The Walt Disney Company|Disney]] ten apreciado as produccións xaponesas como producto comercial de calidade. A súa distribuidora Buenavista obtivo os dereitos de distribución en cine das películas do [[estudio Ghibli]], de onde saíron moitas das mellores obras de animación que Xapón ten dado ao mundo da man de [[Hayao Miyazaki]]. O seu éxito no mercado internacional ten sido variado, ainda que notable, tanto que a película de animación ''[[A viaxe de Chihiro]]'' recibiu no 2002 o [[Oscar]] da Academia á mellor película de animación, premio que non tiña gañado ningunha película xaponesa de animación.
 
 
==Bibliografía==