Stock Aitken Waterman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
De raíz eminentemente tecnolóxica e bailable, a súa música apóiase no recoñecemento de certos patróns e clixés aínda que sen caer nunha tesitura forzosamente simple nin obvia. Como efectos de harmonía son relevantes, por exemplo, as rodas de acordes, habitualmente complexas e cheas de tensións, e a súa evolución ó longo das composicións. Tamén son salientables os cambios pouco convencionais de intervalo tonal nas transicións e enlazadas dentro da súa estrutura (sobre todo entre o retrouso e a estrofa, e entre o retrouso e a ponte), así como o xeito de resolve–las pontes. Nas liñas de baixo atopamos dous padróns claramente diferenciados: por unha banda os de motivo [[funk]] e por outra os de tipo ''sequenced–bass'' máis propios do [[synth–pop]] e en ocasións moi preto do [[techno]]. Outro dos puntos fortes é a grande orquestración nas composicións (seccións de corda e metal) e a masiva aplicación de arranxos e ornamentación harmónica. En canto ó ritmo, baséase en padróns disco, aínda que con movemento sincopado, situándoo moitas veces preto do [[funk]] e do [[House (música)|house]] da primeira época, en especial cando empregan percusión de [[caixa de ritmos]] analóxica. En liñas xerais a color do son é brillante, chea de ''reverbs'' amplas e ''delays'' sincrónicos.
== Curiosidades ==
{{Curiosidades}}
 
* Stock, Aitken e Waterman facían figura-lo nome do suposto batería nos créditos dos discos como ''A. Linn'', cando en realidade se trataba da caixa de ritmos ''Linn Drum'' que empregaban. Pete Waterman declarou nunha ocasión: ''“A caixa de ritmos é o mellor que lle sucedeu á música pop”''.
* Pete Waterman non aprendeu a ler nin escribir ata os trinta e oito anos. Na actualidade, ademais da música, dedícase á [[poesía]].
* A finais dos noventa Mike Stock e Matt Aitken emprenderon accións legais contra Pete Waterman por unha suposta fraude na repartición de dereitos. Na actualidade arranxaron as súas diferenzas e volveron a se reunir.
* Actualmente Kylie Minogue ten un preito contra PWL por un asunto semellante.
 
== Algúns artistas producidos por Stock, Aitken e Waterman ==