Señorío de Villena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «con con»
Sen resumo de edición
 
Liña 6:
 
== Formación do señorío ==
En [[1252]], ano no que [[Afonso X]] chega ao trono de [[Coroa de Castela|Castela]], o infante [[Manuel de Borgoña e Suabia]], irmán de [[Afonso X de Castela|Afonso ''o Sabio'']], figurará a miúdo entre os seus conselleiros, como asinante de documentos reais. Afonso armarao cabaleiro, en [[1254]], e logo terá oficios e cargos da casa real. Cando foi nomeado alférez do rei, serviu tamén ao seu irmán como embaixador ante o Papa, co que aproveitou para gañarse a amizase da poderosa [[Orde de Santiago]] e intentou que [[Afonso X]] fora elixido emperador e, ao mesmo tempo, impedir, con notable éxito, os plans para o mesmo fin que tiña [[Ricardo de CornuallesCornualla]]. En xaneiro de [[1261]], o infante Manuel e a súa esposa, [[Constanza de Aragón e Hungría|Constanza]], afiliáronse como familiares á [[orde de Santiago]], prometendo axudarlle a esta e ao seu mestre [[Paio Peres Correia]], e facerse enterrar a si mesmos e os seus descendentes no [[Mosteiro de Uclés]], onde levantaron unha capela. Moi probablemente, esta amizade co mestre Paio Peres, unida, desde logo, aos seus servizos á Coroa, valeulle a posesión de [[Elx]], [[Crevillent]], [[Aspe]] e o val de [[Elda]], no reino de Murcia, ocupado quince anos antes, pero apenas poboado aínda por cristiáns; que lle foron recoñecidos polo rei en [[1262]], e que a partir de entón constituíron o núcleo máis forte das súas dispersas posesións. Algunhas referencias indican que [[Elda]] pertencíalle con anterioridade a este ano <ref name="pretellyllopis">{{cita libro
| autor = Aurelio Pretel Marín, Miguel Rodríguez Llopis
| título = El señorío de Villena en el siglo XIV.