UMTS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «de algúns»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «telefono»
Liña 31:
* [[Núcleo de Rede]] (Core Network): O núcleo de rede incorpora funcións de transporte e de intelixencia. As primeiras soportan o transporte da información de tráfico e sinalización, incluída a conmutación. O encamiñamento reside nas funcións de intelixencia, que comprenden prestacións coma a lóxica e o control de certos servizos ofrecidos a través dunha serie de interfaces ben definidas; tamén inclúen a xestión da mobilidade. A través do núcleo de rede, o UMTS conecta con outras redes de telecomunicacións, de xeito que resulte posíbel a comunicación tanto entre usuarios móbiles UMTS, coma cos que se atopan conectados a outras redes.
* [[Rede de acceso radio]] (UTRAN): Desenvolvida para obter altas velocidades de transmisión. A rede de acceso radio proporciona a conexión entre os terminais móbiles e o Core Network. En UMTS recibe o nome de UTRAN (Acceso Universal Radioeléctrico Terrestre) e componse dunha serie de subsistemas de redes de radio (RNS) que son o modo de comunicación da rede UMTS. Un RNS é o responsábel dos recursos e da transmisión / recepción nun conxunto de celas e está composto dun RNC e un ou varios nodos B. Os Nodos B son os elementos da rede que se corresponden coas estacións base. O Controlador da rede de radio (RNC) é responsábel de controlar os recursos lóxicos dunha BTS (Estación Base Transmisora).
* [[Equipo do usuario]] (UE): Componse do terminal móbil mailo seu módulo de identidade de servizos de usuario/subscritor (USIM) equivalente á tarxeta SIM do telefonoteléfono móbil.
Tamén formarían parte desta estrutura as redes de transmisión empregadas para enlazar os diferentes elementos que a integran, como os protocolos UU e IU.