Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ourol (conversa | contribucións)
melloras linguaxe, mormente limpeza de castelanismos
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
O '''rugby'''<ref>{{DRAG|rugby}}</ref> é un [[deporte]] de contacto orixinario de [[Inglaterra]] no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de [[ensaio (rugby)|ensaio]] rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo, chamándoselle rugby en [[Galicia]] ó '''rugby union''' por ser a única disciplina que conta con practicantes, equipos, competicións e federación na comunidade autónoma. Esta é a modalidade máis estendida no mundo, e a súa característica principal é que os equipos contan con quince xogadores cada un.
 
O deporte do rugby toma o seu nome da [[Rugby, Warwickshire|cidade inglesa]] na que naceu, sendo a súa orixe as primitivas regras do [[fútbol]] escritas no [[Rugby School]] no século XIX. Nos tempos actuais a súa práctica está moi estendida nas Illas Británicas, en países con pasado colonial británico como Australia, Suráfrica e Nova Zelandia, e noutros países como Francia, Italia e Arxentina. Outros países como Estados Unidos, Canadá, Xapón, Samoa, Fidxi, Tonga, Uruguai, Namibia, Xeorxia ou Romanía tamén participan frecuentemente en torneos internacionais de primeiro nivel como a [[Copa do Mundo de Rugby]], que se disputa cada catro anos. Outros torneos de grande importancia a nivel de seleccións nacionais son o [[Torneo das Seis Nacións|Seis Nacións]] e o [[Rugby Championship]] que se disputan cada ano. A nivel de clubs os torneos máis salientables son o [[Super Rugby]] e a [[Copa de Europa de rugby|Champions Cup]].
Liña 11:
 
Porén, os seus antecedentes remotos están nos innumerables xogos de pelota que se practicaban en todas as épocas e por todo o mundo. Así, existen xa no antigo [[Exipto]], na [[Grecia]] clásica (pheninde, épiscyre e aporrhaxis), algún nomeado n´''[[A Ilíada]]''. O haspartum foi practicado polos lexionarios romanos. Durante a época medieval atopamos rastro do xogo na [[soule]] ó oeste de [[Francia]] e do barette ó sur. O [[calcio italiano|calcio]] xógase en [[Italia]], e nas [[Illas Británicas]] practicábanse xogos como o [[hurling]] en [[Cornualles]] e [[Irlanda]], o ''camp ball'' de East Anglia, o knappam en País de [[Gales]] e o ''ba' game'' dos Borders escoceses. Estes xogos carecían de regras aparentes e non era raro que durante a súa celebración, que se prolongaba durante días, houbese algún morto.
[[Ficheiro:RugbyCode-1845-Portada.jpg|miniatura|150px|Cuberta orixinal das primeiras regras de rugby, so a denominaciñondenominación xenérica de ''football'']]
O primeiro [[club]] de rugby é o Guy's Hospital e foi fundado en [[Inglaterra]] no ano [[1843]]. As primeiras regras escritas datan de [[1845]]; e a primeira federación, a inglesa (Rugby Football Union), constitúese o [[26 de xaneiro]] de [[1871]]. O primeiro partido internacional dispútase ese mesmo ano entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]] en [[Edimburgo]]. En [[1877]] o número de xogadores redúcese de 20 a 15. Exemplo da influencia británica no rugby atopámolo co torneo con máis carisma no mundo do rugby, o [[Torneo das Seis Nacións]] é o herdeiro directo do 4 nacións que enfrontaba ás 4 seleccións británicas.
A partir de [[Inglaterra]], o rugby popularizouse rapidamente no [[País de Gales]], [[Escocia]], [[Irlanda]] e [[Francia]]. Estes países difundírono polas súas colonias e outros países, enraizando especialmente en [[Suráfrica]], [[Australia]], [[Nova Zelandia]], [[Arxentina]], [[Uruguai]] e as Illas do Pacífico Sur. É aceptado que entre os aborixes de [[Oceanía]], o rugby substituíu as guerras tribais. Os [[pobo maorí|maorís]] neozelandeses son un pobo especialmente dotado para o rugby, estando a selección de [[Nova Zelandia]] (os míticos "[[All Blacks]]") chea de xogadores desta ascendencia. En homenaxe a eles, esta selección empeza os seus partidos coa representación dunha danza tribal de guerra denominada "[[haka]]".
Liña 25:
* mediante patadas cara ó territorio rival.
 
A forma de poñer o balón en xogo no rugby é moi característica. Cando o balón sae fóra do campo ponse en xogo mediante un saque lateral (''touche'' en [[Lingua francesa|francés]] ou ''line out'' en [[Lingua inglesa|inglés]]) onde a cantidade de xogadores é definida polo equipo que ingresa a pelota e pode variar dende dous xogadores até os catorececatorce xogadores, sen contar o xogador que introduce a pelota (xeralmente o ''hooker'' ou talonador), e tras unha falta menor (un pase adiantado, por exemplo) ou para reiniciar o xogo logo dunha formación onde a pelota non saíu para ningún dos dous equipos mediante unha melé (''scrum'' en inglés).
[[Ficheiro:Melé.jpg|miniatura|250px|dereita|A melé]]
[[Ficheiro:Touche2.jpg|miniatura|esquerda|250px|Touche]]
En ambos os casos, do que se trata é de que o contrario tamén teña opción de obter o balón. Outra cousa son as infraccións maiores, que se penalizan cun golpe de castigo (''[[penalty]]'' en inglés), no que o balón xógao directamente o equipo non infractor coa man ou pateándoo, e pode dar lugar a tiro aos paus para conseguir 3 puntos ou patear cara ó touch (despexar) desexando gañar terreo, xa que o reinicio, un line, realizaríao o mesmo equipo que pateou.