Korean Air: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «en China»
 
Liña 35:
Nos anos 90 Korean Air converteuse na primeira aeroliña en usar o novo [[McDonnell Douglas MD-11|MD-11]], que usou como complemento da súa nova frota de [[Boeing 747|747-400]]. Porén, o MD-11 non cumpriron as expectativas requiridas e foron convertidos en cargueiros (acompañando aos 747 de carga).
 
En [[2007]] Korean Air estivo negociando abrir un centro de operacións enna [[China]], que se situaría [[Beijing]] ou [[Shanghai]] a finais de [[2008]]. O [[5 de xuño]] de [[2007]], a compañía dixo que crearía unha aeroliña de baixo custo en Corea para competir co sistemas de ferrocarrís de alta velocidade KTX, que ofrecía tarifas máis baratas e controis de seguridade menos estritos. A subsidiaria de baixo custo de Korean Air bautizaríase como Jin Air, e comezou o seu servizo regular de pasaxeiros dende [[Seúl]] a [[Jeju]] o [[17 de xullo]] do [[2008]], e anunciou que algúns dos seus [[Boeing 737]] e [[Airbus A300]] serían entregados á nova compañía.
 
A mediados do ano [[2010]] a aeroliña chegou a un acordo coa empresa de videoxogos [[Blizzard Entertainment]] pintando un 747-400 e un 737-900 cunha imaxe do novo xogo ''[[StarCraft II]]''. No mes de agosto Korean Air anunciou fortes perdas no segundo trimestre do ano a pesar dos seus ingresos récord. Tamén no mes de agosto, o Hanjin Group (dono de Korean) abriu unha nova terminal de carga en [[Navoi]], [[Uzbekistan]], que se convertería no centro de carga para a ruta [[Incheon]]-[[Navoi]]-[[Milán]].