Seha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m .etc/espazos citas/espazos seccións/libro estilo (via JWB)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Pero a epidemia causou tamén a morte un ano despois a Arnuwandas II, e sucedeuno o seu irmán máis novo [[Mursilis II]]. Durante este período fixérase co poder nos restos de Arzawa o rei [[Uhha-Ziti]] instalado por [[Suppiluliumas I]], pero independizouse ao cabo do seu reinado. Este rei e os seus dous fillos serían derrotados antes por [[Mursilis II]], que, ao acabar a campaña, avanzou entón polo río Seha, onde o rei Manapa-Tarhunta recibiu ao soberano solemnemente. Mursilis confirmoulle as terras do río e a terra de [[Appawiya]].
 
Os pequenos reis de [[Mira (reino)|Mira]], [[Hapalla]] e odo río Seha asinaron un tratado recoñecendo ao reino Hitita como soberano, ao mesmo tempo que se recoñecía a súa liberdade.
 
Un rei que as taboíñas mencionan cono E.gal.pap (os dous puntos están por dúas letras que faltan) sublevouse ao oeste de [[Hatti]] durante dez anos, pero finalmente foi derrotado. A revolta tivo incidencia en Seha, o rei da cal parece que permaneceu fiel aos hititas.
 
[[Muwatallis II]], sucesor de Mursilis II, non confiaba bastante na xente de Arzawa segundo Alexandros[[Alaksandu]] de [[Wilusa]]. O rei hitita estivo en Seha para facer campaña contra [[Piyama-radu]], un guerreiro posibelmente da illa de [[Lesbos|Lazba]] ou [[Lesbos]], de onde era o seu avó, que dirixía un continxente de desarraigados de Arzawa, e tiña a axuda de [[Ahhiyawa]], [[Millawanda]] (casou coa filla do rei [[Atpa]] de Millawanda) e [[Wilusa]]. Lesbos era unha dependencia do rei de Seha, e Piyama-radu atacouna; o seu avó minara a lealdade dos habitantes da illa e o Saripu (¿delegado?) de Seha en Lazba, e o Saripu do gran rei hitita na illa serían incitados polo avó a se rebelaren e, ao final, fixérono e pasáronse a Piyama-radu. Muwatallis enviou un exército a Seha desde onde atacou Wilusa. [[Manapa-Tarhunta II]] de Seha non participou alegando estar moi doente (segundo unha carta quedara imposibilitado e probabelmente morreu deseguido); pouco despois, cara ao final do reinado de Muwatallis II, aparece xa [[Masturi]] como rei de Seha; Masturi era probabelmente un fillo de Manapa-Tarhunta II e casou con [[Minaššanauzzi]], irmá de Muwatallis II. O final da historia de Piyama-radu non se coñece, pero, en todo, caso Piyama-radu, coa axuda de Ahhiyawa e de [[Millawanda]], continuou o enfrontamento cos hititas durante bastante tempo.
 
Urhi-Teshub chegou ao trono hitita baixo o nome de [[Mursilis III]], e inmediatamente depuxo algúns das gobernadores dos antigos estados da rexión de Arzawa e estableceu o goberno directo e foi á zona para consolidar o seu poder. O rei de Seha non foi destituído ou, se fuxiu, foi restablecido despois por [[Hattusilis III]] do que foi unha axuda na guerra civil.
 
Á morte do rei Masturi de Seha, o país fíxose independente baixo un home de orixe descoñecida chamado [[Tarhunta-Radu|Tarhuna-radu]], que se aliou co rei de [[Ahhiyawa]]. [[Tudhaliyas IV]], rei hitita, fixo persoalmente a campaña contra Seha. [[Ahhiyawa]] interveu, pero sufriu unha completa derrota. Tarhuna fuxiu a un illote chamado Outeiro da Aguia, lugar que tamén foi ocupado por Tudhaliyas IV e fíxoo prisioneiro xunto coas súas mulleres e outros familiares e levouno a [[Xanthos|Arinna]]. Colocou no trono a un membro da dinastía de Muwa-Walwis e a situación volveu á normalidade.
 
O reino desapareceu coa invasión dos [[pobosPobos do marMar]] antes do [[-1185]].
 
==Lista de reis==
 
*[[Muwa-Walwis]], aproximadamente ata despois do [[-1350]].
*[[Manapa-Tarhunta I]], sobre [[-1330]].
*[[Ura-Tarhunta]].
*[[Manapa-Tarhunta I]], sobre [[-1320]] (segunda vez).
*[[Manapa-Tarhunta II]], sobre [[-1315]] – [[-1275]].
*[[Miriya]], sobre [[-1275]] – [[-1240]].
*[[Tarhunta-Radu|Tarhuna-radu]], sobre [[-1240]] - [[-1235]] (usurpador).
*Rei de nome descoñecido da dinastía de Muwa-Walwis, [[-1235]] - ?