Denis Papin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «recopilación»
m Reemplazos con Replacer: «os seu»
Liña 43:
 
== Biografía ==
Denis Papin naceu no seo dunha familia [[Protestantismo|protestante]]. Sábese moi pouco da súa infancia e mocidade pero como a educación en Blois estaba a cargo dos [[xesuítas]] suponse que foi alí onde recibiu as primeiras leccións de Matemáticas. En 1660 ou 1661 comezou estudos de Medicina en Angers -segundo algúns en París- e xa doutor trasladouse a París para exercer a Medicina ocupando oso seu tempo libre no estudo da [[Física]].
 
[[Christiaan Huygens|Huygens]] trasladouse en 1670 á corte de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] para presidir a Academia das Ciencias francesa chamado por [[Jean-Baptiste Colbert|Colbert]] quen anos antes, en 1666, a fundara. Huygens tomou ao seu cargo dous axudantes, [[Gottfried Wilhelm Leibniz|Leibniz]] e Papin, este último ao que puido coñecer na universidade de Angers ou, con máis probabilidade, foi presentado a Huygens pola esposa de Colbert, natural de Blois e coñecida por facer uso da súa influencia para axudar aos seus paisanos. Os dous axudantes trabaron naquel tempo unha amizade que se prolongaría o resto das súas vidas.