Nicanor Parra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Meu rei (conversa | contribucións)
algunhas correcións
Liña 16:
En [[1938]] é galardoado co Premio Municipal de Santiago pola súa contribución á física e a matemática.
 
En [[1943]] viaxa a [[Estados Unidos]] a estudar mecánica avanzada na [[Brown University]] mediante unha bolsa do ''Institute of International Education''. Regresa en [[1946]] incorporándose á Universidade de Chile como profesor titular de Mecánica Racional. En [[1948]] é nomeado Director Interino da [[Facultade de Ciencias Físicas e Matemáticas da Universidade de Chile|Escola de Enxeñería]] da Universidade de Chile. En [[1949]] parte a [[Inglaterra]] grazas á bolsa do Consello Británico coa intención de estudar [[cosmologíacosmoloxía]] en [[Oxford]]. O seu paso polos Estados Unidos e Inglaterra, particularmente a inmersión na vida cotiá de dúas sociedades desenvolvidas, son fundamentais na xestación dos seus antipoemas.
 
Volve a Chile en [[1951]], casado con Inga Palmén, de nacionalidade sueca. Nos Anais da Universidade de Chile aparece unha selección das súas antipoemas. Logo, en [[1952]] realiza novos avances na poesía non tradicional, montado xunto a [[Enrique Lihn]], [[Alejandro Jodorowsky]] e outros a poesía-mural ''quebrantaósos'', feita con recortes de diarios.