Henry Ford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
m Reemplazos con Replacer: «as súa»
Liña 57:
 
== The Dearborn Independent ==
Henry Ford adicouse durante a maior parte da súa semi-retirada da compañía Ford á publicación do xornal ''The Dearborn Independent'', que mercara en [[1919]]. O xornal foi publicado durante oito anos, nos cales introduciu nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] un traballo (non escrito polo mesmo Ford) chamado "''[[Os Protocolos dos Sabios de Sión]]''", que foi desacreditado por tódolos historiadores cualificándoo como fraude. A Sociedade Histórica de Xudeus Americanos describe as súasúas ideas durante este período como anti-inmigrantes, antilaboristas, antialcohólicas e antisemíticas.
 
Ford tamén publicou, baixo o seu nome, varios artigos en contra dos xudeus para o ''Independent'', que foron difundidos a comezos dos anos 20 como un conxunto de catro volumes encadernados, denominados como "O Xudeu Internacional, o Maior Problema do Mundo". Denunciado pola Liga de Antidifamación (ADL), os artigos pola contra condenaban explicitamente a violencia e os [[pogrom]]s aos xudeus (ver Volume 4, Capítulo 80), culpando ao propios xudeus dos incidentes de violencia masiva. Estes artigos foron escritos por varios autores, entre eles a secretaria persoal de Ford Ernest Liebold, de 34 anos. Ningún deles foi escrito realmente por Ford, aínda que por ser el quen os publicaba requirían a súa aprobación verbal.