Afonso I de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 49:
{{legend|#6982bc|Dominios de [[Afonso Henriques]].}}]]
 
Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha ([[Sancha I de Galicia|Sancha]]), que sería coroada como raíña ([[Sancha I de Galicia|Sancha I]]). Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de toda Galicia (''domus Fernandus princeps super omnem Galletiam'')<ref>Documento n. 534 do Tombo de Celanova, ano 1060.</ref>, gobernando desde a cidade de [[León, España|León]]. Ambos conseguiron non só manter o territorio herdado senón tamén amplialo, recuperando algunhas cidades perdidas como a importante [[CoimbraCoímbra]], que volvía render vasalaxe aos reis galegos, pese a que o seu gobernador fose [[musulmán]].
 
Pero a morte do rei Fernando I en [[1065]] supuxo un novo conflito interno, pois no canto de recaer a coroa nun único herdeiro, o goberno foi disputado polos seus tres fillos maiores, que pasaron a gobernar autonomamente os territorios nos que conseguiran establecer relacións familiares. Se ben é verdade que parte da historiografía considera tal feito como un repartimento xa predisposto por Fernando I antes da súa morte, a titulación de Sancha como raíña aínda, e a ausencia de calquera documento de repartición feito por Fernando I ou Sancha induce a pensar que non existiu tal repartición. Anos máis tarde, cada un dos tres fillos aparecía gobernando diferentes territorios en calidade de reis, así o maior, [[Sancho II de Castela|Sancho II]] dominou as terras orientais, o [[condado de Castela]] ''grosso modo'', [[Afonso VI de León|Afonso VI]] a capital, León, e as súas terras próximas así como Asturias, o terceiro [[García de Galicia|García I]] herdou as terras galegas entre [[CoimbraCoímbra]] e o [[Cabo Ortegal]]. Aínda que esta situación tivo por consecuencia a fragmentación política do reino de Galicia, "Galicia" (po Galiza) seguiu sendo o termo que se empregaba para denominar o conxunto destas terras.
 
García I restaurou as sés de [[Tui]] e [[Braga]] (a antiga metrópole sueva), e venceu varios conatos de anexión, pero finalmente foi derrotado polos exércitos dos seus irmáns Sancho II de Castela e Afonso VI en [[1071]]<ref>Esta historia chegou a inspirar a [[Victor Hugo]] a creación da epopea ''Le Petit Roi de Galice'' (traducida como O reiciño de Galicia), incluída na primeira serie da obra ''[[La Légende des siècles]]''.</ref>, que o encarceraron no Castelo de Luna ([[reino de León|León]])<ref>{{cita libro| apelidos=Alonso-Cortés|nome=Carolina-Dafne|editorial=KNOSSOS| título = Sota de copas, reina de espadas| url =http://books.google.com/books?id=bdZAGX3nrp0C&pg=PA49&dq=Castillo+de+Luna,+rey+Garc%C3%ADa&hl=en&ei=sE1ETMr1IpSSjAf055kW&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=6&ved=0CD8Q6AEwBQ#v=onepage&q=Castillo%20de%20Luna%2C%20rey%20Garc%C3%ADa&f=false| publicación =| ISBN=9788492224647|lingua=es|páxina=49}}</ref> sendo prisioneiro até a súa morte no ano [[1090]]. Os irmáns de García asinarían xa no ano 1071 co título de reis de Galicia na documentación galega do momento. García morreu en marzo de 1090 na prisión do castelo, e sempre se lle recoñeceu a dignidade real.
Liña 61:
Tras a morte de García en prisión, en [[1096]] Afonso VI dividiu o territorio galego en dous [[condado]]s. En [[1091]] a súa filla, a princesa [[Urraca de León e Castela|Urraca]] casara co nobre [[Borgoña|borgoñón]] [[Raimundo de Borgoña]], que asistira a Afonso na loita cos [[almorábides]]. As vitorias militares de Raimundo e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaran a conveniencia do enlace matrimonial, matrimonio ao que Afonso VI outorgou un importante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coimbra, co título de condes.
 
Dous anos máis tarde, en [[1093]], outro cruzado francés, [[Henrique de Borgoña]], neto do duque [[Roberto I]], tomaba a man da filla menor de Afonso VI, [[Tareixa de León]] recibindo o goberno do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]], así como o de [[CoimbraCoímbra]], fundado o ano 868 polo nobre galego [[Vimara Pérez]], e que comprendía as terras situadas entre os ríos [[río Limia|Limia]] e [[río Douro|Douro]].
 
Artellábase deste xeito, unha complexa rede de relacións feudais; por unha parte, o rei Afonso VI, que gobernaba toda a Galicia e Toledo, recibía vasalaxe feudal de Raimundo e Urraca, que gobernaban s terras galegas desde Ortegal até Coimbra, e estes, á súa vez recibíana, de Tareixa e Henrique de Borgoña.
Liña 101:
 
== Descendencia ==
[[Ficheiro:Pt-coimbra-mosteiro-santacruz4.jpg|miniatura|dereita|Túmulo de Afonso Henriques no [[Mosteiro de Santa Cruz]] en [[CoimbraCoímbra]]]]
* Pola súa muller, [[Mafalda de Savoia]] ([[1125]]-[[1157]]), que desposou c. [[1146]]:
** [[Henrique, Infante de Portugal (1147)|Henrique]] ([[1147]]-?).