IBM: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ate»
Liña 25:
IBM creouse o [[15 de xullo]] de [[1911]] en [[Binghamton]] (Estados Unidos) fusionando tres empresas: Tabulating Machine Corporation, Computing Scale Corporation e International Time Recording Company. Á empresa chamouselle '''[[Computing Tabulating Recording Corporation]]''' (CTR), mais o [[14 de febreiro]] de [[1924]] CTR cambiou o seu nome a '''International Business Machines Corporation''',(IBM).
 
As empresas orixinarias de CTR fabricaban unha ampla gama de produtos, dende sistemas para control de traballadores ateaté equipos automatizados para o corte de carne. Fabricaba ademais equipos para a xestión de [[tarxeta perforada|tarxetas perforadas]], que máis adiante serían chaves no desenvolvemento dos ordenadores. Co tempo CTR traballaría só neses equipos e deixaría de producir o resto de produtos.
 
[[Ficheiro:BRL64-IBM 1311 DiskDrives.jpg|200px|dereita|miniatura|Discos duros IBM 1311]]
Liña 33:
Tamén durante a Segunda Guerra Mundial comezou a investigar no eido da informática. En [[1944]] rematou a construción do ''Automatic Sequence Controlled Calculator'' -Calculadora Controlada de Secuencia Automática-, tamén coñecida como [[Mark I]]. O Mark I foi a primeira máquina capaz de executar cálculos complexos automaticamente, e estaba baseada en [[Interruptor electromecánico|interruptores electromecánicos]].
 
En [[1952]] IBM creou o [[IBM 701]], o primeiro grande ordenador baseado en [[válvula de baleiro|válvulas de baleiro]], tecnoloxía que substituíu ao interruptores electromecánicos. En [[1959]] os [[transistor]]es comezaron a empregarse no canto das válvulas de baleiro. Un dos primeiros ordenadores de IBM baseados en transistores foi o [[IBM 7090]]. Ate entónAté entón os ordenadores empregábanse en centros de investigación e institucións públicas. A mellora acadada coas válvulas e os transistores fixo que algunhas grandes empresas comenzaran tamén a empregalos.
 
O primeiro sistema de almacenamento informático baseado en disco, o [[RAMAC]], e a linguaxe de programación [[FORTRAN]] foron creados por esta empresa en [[1957]]. O RAMAC é o predecesor dos [[disco duro|discos duros]] actuais, e estaba formado internamente por cincuenta discos.
Liña 45:
Durante a década dos 70 IBM creou novos dispositivos informáticos. En [[1971]] inventou o [[disco flexible]] e pouco despois comezou a comercializar os predecesores dos actuais lectores de códigos de barras e caixeiros automáticos.
 
No ano [[1981]] IBM creou o [[IBM PC]], o [[ordenador persoal]] de máis éxito de todos os tempos. Este éxito non era esperado por IBM, que creou o PC mercando compoñentes de gama baixa a outros fabricantes, algo que non fixera ateaté ese momento. Ademais o sistema operativo do IBM PC non foi creado por IBM, senón que o mercou a [[Microsoft]].
 
Debido a que non estaba creado dende as orixes por IBM, non tardaron en aparece ordenadores compatibles co IBM PC pero fabricadas por outras empresas, e Microsoft comezou a crecer ao vender licenzas do sistema operativo a estes fabricantes.