Xustiniano II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «se casou»
Liña 23:
 
=== Desterro ===
Xustiniano II logrou fuxir do seu desterro case nove anos máis tarde. Refuxiouse en primeiro lugar na corte dos [[Kházaros]], onde se casou con Teodora, irmá de [[Busir Glavan]], o [[khagan]] (soberano) dos Kházaros. Busir tratou de asasinar ao seu cuñado tras realizar un trato co emperador usurpador [[Tiberio III]] que substituíra á súa vez no trono a [[Leoncio]]. Xustiniano, alertado pola súa muller do complot, logrou fuxir non sen matar antes aos dous soldados que ían asasinalo.
 
Entón Xustiniano buscou refuxio na corte do khan búlgaro [[Tervel]]. Tervel deulle o seu apoio a cambio de diñeiro e da entrega dunha coroa de César. Cun exército de 15.000 xinetes búlgaros marcharon en [[704]] contra Constantinopla, pero non puideron tomar a cidade. Entón Xustiniano II infiltrouse na cidade a través dun acueduto en desuso e cuns poucos compañeiros logrou reunir aos seus seguidores e deu un golpe de estado durante a madrugada. Xustiniano mandou executar aos seus rivais Leoncio e Tiberio, así como a miles de partidarios destes.