Iolao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
nota
Ourol (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «se ben se»
Liña 19:
Nos primeiros Xogos Olímpicos instaurados por Heracles, Iolao participou e ganou conducindo un carro tirado polos cabalos do heroe. Tamén nos xogos fúnebres celebrados en honor de [[Pelias]].
 
Posteriormente volveu xunto a Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, seaínda benque se adoita atribuír esta acción a [[Filoctetes]], un dos compañeiros de Heracles.
 
Á morte de Heracles e para axudar ós [[Heráclidas]], conduciu a moitos deles a [[Sardeña]], especialmente a moitos dos fillos que tivera aquel coas cincuenta fillas de [[Tespio]], co encargo de crear alí unha colonia; outras fontes din que foi alá por encargo de Heracles. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, fundando diversas cidades coa axuda de [[Dédalo (mitoloxía)|Dédalo]], polo que chegaría a ser adorado na illa. Tamén foi a [[Sicilia]] (aínda que outras fontes afirman que morrera en Sardeña) e fundou novas cidades e santuarios en honor a Heracles divinizado.