Inventio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Gasparoff (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
As etapas da [[retórica]] para a construción do discurso son: [[Intelectio]], '''inventio''', [[dispositio]] e [[elocutio]].
 
== Historia ==
A crítica máis antiga da retórica é que non trata un tema específico, isto é, que un orador pode dar un discurso sobre calquera tema e non sendo o contido o que importa, senón como un un orador usa o idioma. Esa é unha das razóns poas que [[Platón]] atacou esta práctica, vacía na súa opinión.
 
[[Aristóteles]] respondeu á crítica argumentando que razón e retórica van xuntas, argumentando que a razón dialéctica é a ferramenta para atopar verdades universais e a retórica é a ferramenta para aclaralas e transmitilas aos demáis.<ref>{{Cita web|título=Perché nell'era di Google serve l'inventio, l’arte dell’infosourcing di Aristotele|url=https://www.wired.it/attualita/media/2014/11/27/inventio-larte-dellinfosourcing/|páxina-web=Wired Italia|data=2014-11-27|data-acceso=2022-04-12|lingua=it-IT|nome=Condé|apelidos=Nast}}</ref> A '''inventio''' serve ao orador a construír argumentos utilizando un sistema. Os retóricos romanos [[Cicerón]] e [[Quintiliano]] dedicaron tempo a formular a teoría detrás da retórica dos argumentos. A inventio constaría de tres partes:
 
* Analizar a tarefa
* Encuentrar argumentos para o caso
* Seleccionar os mellores argumentos
 
== Acepción xacobea ==
'''Inventio''', do [[Lingua latina|latín]] ''inventionem'' ([[nominativo]] ''inventio''), e este das raíces indoeuropeas ou pre-indoeuropeas ''*en'' e ''*gwa'' para 'vir'<ref>{{Cita web|título=invention; Etymology, origin and meaning of invention|url=https://www.etymonline.com/word/invention|páxina-web=www.etymonline.com|data-acceso=2022-04-12|lingua=en}}</ref> é significa "atopar", e é a palabra máis empregada para referirse aos feitos que levaron ao [[achado do sepulcro do Apóstolo Santiago]] en Galiza nos anos [[820]]-[[830]].<ref>{{Cita web|título=inventio - Xacopedia|url=https://xacopedia.com/inventio|páxina-web=xacopedia.com|data-acceso=2022-04-12}}</ref>
 
==Notas==
listaref
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[retórica]]
*[[Topos literario|topos]]
 
{{Control de autoridades}}