Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco, Vicente (1952). ''Historia de Galicia.'' Galaxia: Vigo. pp 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas públicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería. Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, en 1579, quemou máis unha muller na fogueira baixo a acusación fabricada de bruxería.
 
A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: [[Mosteiroo Pazo de San Martiño Pinario]]Monterrei, operto Pazoda praza de MonterreiSan Miguel, e a Casa Grande de Calo, fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia <ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref> e antiga Plaza de la Inquisición. Este último edificio foi derrubado para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado o 23 de agosto de 1930.
 
== Notas ==