Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 52:
== Historia e características ==
[[Ficheiro:Logo+TVG.svg|miniatura|esquerda|z120px|Antigo logo da TVG.]]
As obras da sede comezaron o [[8 de outubro]] de [[1984]]. A dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores<ref>Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) ''As institucions galegas na historia''. USC, 2004, páxina 608</ref> para que puidese transmitir. Inaugurou as súas emisións ás 19:30 do [[24 de xullo]] de [[1985]] cos actos en directo da súa inauguración,<ref>{{Cita web |url=http://25anos.crtvg.es/tvg25/sabiasque/1985/197 |título=25 anos da TVG |data-acceso=23 de agosto de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100819110540/http://25anos.crtvg.es/tvg25/sabiasque/1985/197 |dataarquivo=19 de agosto de 2010 |urlmorta=yes }}</ref> e pola noite a retransmisión en directo dos actos do [[Día do Apóstolo]] en Santiago. O [[25 de xullo]] emitiu a primeira película, a curtametraxe ''[[Mamasunción]]'' de [[Chano Piñeiro]]. Logo destas probas suspendeu a transmisión e emitiu nos meses seguintes 150 horas en probas<ref>Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52</ref>, incluíndo a emisión dos encontros do [[Trofeo Cidade de Vigo 1985]]<ref>{{cita web|url=https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/futbol-primeira-retransmision-dun-partido-na-tvg|título=Fútbol. Primeira retransmisión dun partido na TVG|páxina-web=Pasou o que pasou}}</ref>. O [[1 de setembro]] comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. {{Cómpre referencia}}
 
Ó longo da historia dirixiron a canle Guillermo Montes, [[Xosé Luis Blanco Campaña]], [[Gerardo González Martín]], Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e Rosa Vilas.