Pedro Calderón de la Barca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1
Sen resumo de edición
Liña 29:
Calderón destaca sobre todo como creador deses personaxes barrocos, intimamente desequilibrados por unha paixón tráxica, que aparecen en "El príncipe constante", "El mágico prodigioso" ou "La devoción de la cruz". O seu personaxe máis universal é o desgarrado Sexismundo de Polonia de [http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=77 ''La vida es sueño''], considerada como a peza cume do teatro calderoniano. Esta obra, paradigma do xénero de comedias filosóficas, recolle e dramatiza as cuestións máis transcendentais da súa época: a liberdade ou o poder da vontade fronte ao destino, o escepticismo ante as aparencias sensibles, a precariedade da existencia, considerada como un simple soño e, en fin, a consoladora idea de que, ata en soños, se pode aínda facer o ben. Ten esta obra varias versións feitas por el mesmo. Tamén se apunta nela, aínda que moi en segundo plano, o tema da educación, tan desenvolvida posteriormente no século XVIII.
 
Neste segundo rexistro, leva á súa perfección o chamado [[auto sacramental]], peza alegórica nun acto de tema eucarístico destinada a representarse o día do [[Corpus Christi|Corpus]]. Por mencionar só algúns, citaremos [http://www.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=4887 ''El gran teatro del mundo''] ou ''La cena del rey Baltasar''. Nesta última, permea un profundo [[antisemitismo]] con verdadeiras incitacións á violencia racista e relixiosa. Así é tamén o caso en ''El santo rey don Fernando'', ''No hay instante sin milagro'' ou ''El socorro general''. Por exemplo, ''El cordero de Isaías'' é na realidade unha escenificación dos estereotipos mais comúns sobre os xudeus num contexto social e político marcado pola ortodoxia pos-tridentina e antirreformista por unha parte e a ideioloxía social da caste e da pureza de sanque por outra:
 
:''ÁNGEL: Éste el Hebraísmo es,''
:''que ingrato, traidor, protervo,''
:''adulterando el sentido''
:''del cómputo de los tiempos''
:''de Daniel, quitó la vida''
:''a su Dios, no conociendo''
:''que el prometido Mesías''
:''era, que a salvar el pueblo''
:''bajó del seno del Padre.''
 
:''HEBREO: Es verdad, no me arrepiento;''
:''y si mil vidas tuviera,''
:''mil vidas...''
 
:''FE: Calla, blasfemo;''
:''ponedle dura mordaza,''
:''y por relapso y protervo''
:''muera en la pública llama,''
:''con general perdimiento''
:''de sus bienes y heredades.''
 
Calderón, desde a mais estricta ortodoxia contrarreformista, utiliza hábilmente a transposición ao divino das institucións sociais e da ideología castiza existentes. Así, en ''La hidalga del valle''fai unha anacrónica defensa da “fidalguía” da Virxe María, sostida retóricamente no libro da [[Xénese]].
 
 
== O teatro cómico de Calderón ==