Río dos Gafos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
lendas encol do río dos Gafos
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 49:
Cóntase que no río hai un lugar chamado ''Poza da Moura'', onde vivía unha fermosa [[mouro (mitoloxía)|moura]]. Un día presentouse ante un labrego que apacentaba a súa [[vaca]] e díxolle que esta estaba preñada, e que ía ter un becerro e unha becerra. Como mostra de agradecemento pola boa nova que acababa de darlle, pídelle que cando teña lugar o parto, que bote a xovenca no pozo.
 
En efeitoefecto, pasado o tempo, a vaca pare pero o home acorda vender a xovenca na feira, coa que esperaba maior ganancia, e botar ó macho no pozo. Ó facelo, o río revolveuse e apareceu a moura sentada nunha pedra da beira, cunha grade de madeira. Recrominoulle ó home o seu comportamento e díxolle que, se cumprira o que ela lle dixo, agora tería unha grade de ouro.
 
Noutra versión desta lenda, a moura botou man do home e arrastrouno ó fondo do río co seu carro e cos bois que turraban del.