Espectroscopia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m nova clave para a Categoría:Espectroscopia: " " mediante HotCat
Agremon (conversa | contribucións)
ligazóns
Liña 12:
Tamén se descubriu que se se quentaba un elemento o suficientemente ([[incandescencia|incandescente]]), producía luz branca continua, un espectro completo de todas as cores, sen ningún tipo de liña ou banda escura no seu espectro. En pouco tempo chegou o progreso: pasouse a luz incadescente de espectro continuo por unha fina película dun elemento químico elixido que estaba a temperatura menor. O espectro resultante tiña liñas escuras, idénticas ás que aparecían no espectro solar, precisamente nas frecuencias onde o elemento químico particular producía as súas liñas brillantes cando se quentaba. É dicir, cada elemento emite e absorbe luz a certas frecuencias fixas características do mesmo.
 
As liñas escuras de [[Joseph von Fraunhofer|Fraunhofer]], que aparecían no espectro solar, son o resultado da absorción de certas frecuencias características (que forman parte do espectro continuo de luz emitido polo interior do Sol, moito máis quente) polos elementos químicos presentes nas capas máis exteriores da nosa estrela. Aínda había dúbidas: en 1878, no espectro solar detectáronse liñas que non casaban coas de ningún elemento coñecido. Diso, os astrónomos predixeron a existencia dun elemento novo, chamado [[helio]]. En 1895 descubriuse o helio terrestre.
 
A comezos do século XX mellorouse grandemente a fiabilidade e precisión dos espectroscopios, da man de [[Elmer Imes]].
 
De igual forma que a teoría universal da gravitación de Newton probou que se poden aplicar as mesmas leis tanto na superficie da Terra como para definir as órbitas dos planetas, a espectroscopia demostrou que existen os mesmos elementos químicos tanto na Terra como no resto do Universo.
Liña 19 ⟶ 21:
Os [[astro]]s, así como a [[materia interestelar]], emiten ondas electromagnéticas; os astrónomos chegaron ao coñecemento de canto sabemos do ámbito extraterrestre descifrando as mensaxes que portan esas ondas cando chegan ao noso planeta. Debe advertirse que a emisión e as modificacións ulteriores experimentadas por esas radiacións son resultado de non poucos factores: a composición química da fonte que os emite, temperatura, presión e grao de ionización a que se acha a mesma, influencia dos campos magnéticos e eléctricos etc. Por outra banda, como os físicos reproduciron nos seus laboratorios eses diferentes estados da materia e obtido os espectros correspondentes, estes serven de patróns que permiten analizar os espectros dos corpos celestes e extraer toda a información que conteñen. No caso dos espectros luminosos, os estudos constitúen a [[análise espectral]].
 
Ademais de indicar a composición química da fonte luminosa e o estado físico da súa materia, o espectro revela se o corpo luminoso e a Terra achéganse ou se afastan entre si, ademais de indicar a velocidade relativa á que o fan (''[[Efecto Doppler|efecto Doppler-Fizeau]]'').
 
== Campos de estudo ==