Sexenio Democrático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 5988934 de 2A0C:5A80:101A:7D00:490F:3D91:6DFB:8FF9 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 32:
[[Ficheiro:Amadeo I Rey de España.jpg|miniatura|dereita|200px|[[Amadeo I de España]]]]
 
[[Amadeo I de España|Amadeo I]] ocupou o trono de España dende xaneiro de [[1871]] ataaté febreiro de [[1873]]. Nestes anos tivo que enfrontarse a graves problemas dende a súa coroación. O primeiro destes graves problemas foi o asasinato de Joan Prim o [[27 de decembro]] de [[1870]]. A desaparición deste facilitou a desunión da coalición gobernamental de unionistas, demócratas e progresistas.
 
A inestabilidade entre os partidos políticos gobernantes, púxose de manifesto nas eleccións xerais e nos seis gobernos que houbo durante este curto período de tempo. Ademais, existía unha oposición ao réxime de Amadeo por parte dos carlistas, que se levantaron en armas no ano [[1872]] dando lugar á [[Terceira guerra carlista]], os afonsinos, partidarios de que o fillo de [[Isabel II de España|Isabel II]], Afonso (futuro [[Afonso XII]]), fora rei. Tamén os republicanos, protagonizaron sucesos armados en [[Andalucía]] e Cataluña, nas que se mesturaron reivindicacións como o repartimento das terras, e onde se manifestou a falta de apoio ao rei que tiña o nome de ''Macarronini I''.