Wikipedia:Relevancia enciclopédica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
Wikipedia en galego é, antes que calquera outra cousa, unha [[enciclopedia]] de carácter xeral. Como tal considerarase relevante aquilo que o é para unha enciclopedia tal como [[Espasa]] ou a [[Enciclopedia Británica]]. Con todo, polo seu carácter de wiki e o feito de non estar limitada ao papel, permite que se inclúan temas que non se incluirían nas grandes enciclopedias.
 
Non todo tema é, con todo, enciclopédicamenteenciclopedicamente relevante. Os temas enciclopédicos deben ter algunha medida de universalidade e atemporalidade. Ademais, Wikipedia pode rexistrar feitos que acaban de ocorrer, aínda que non todos eles son "noticiosos": sen importar a súa cobertura, é un feito enciclopédico. Moitas noticias de alto impacto transcenden no tempo e outras serán ignoradas pola historia, e moitos feitos históricos e enciclopédicamente relevantes pasaron desapercibidos no seu tempo.
 
Debe terse en conta que, aínda que Galipedia é unha obra escrita en [[idioma galego]] e por iso orientada principalmente ao público galegofalante, non por iso pódense relaxar ou endurecer os criterios de notabilidade dos artigos segundo se se refiren a temas de países de fala galega ou non. O galegocentrismo na Galipedia é unha realidade por motivos prácticos e técnicos. É natural que quen lean a Galipedia busquen información sobre a nosa cultura con maior probabilidade a información sobre países remotos; pero tamén existen máis fontes verificables polos editores desta Wikipedia sobre temas de Galicia que sobre temas doutros lugares do mundo. Con todo, o galegocentrismo choca frontalmente co [[WP:PVN|punto de vista neutral]], un dos [[WP:CINCO|cinco piares]] sobre os que se asenta a Galipedia, e por iso non é desexable.