Baixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 26:
=== Anos 50 ===
[[Ficheiro:Monk Montgomery, Sweden, 1953..jpg|miniatura|Monk Montgomery cun Precission Bass en 1953]]
Nos anos 50 [[Leo Fender]] e George Fullerton desenvolveron o primeiro baixo eléctrico producido en serie. A [[Fender|Fender Electric Instrument Manufacturing Company]] comezou a fabricar o [[Fender Precision Bass|Precision Bass]], ou P-Bass, en outubro de 1951. O deseño contaba cun corpo sinxelo angulado (slab) e unha pastilla sinxela semellante á da [[Fender Telecaster|Telecaster]]. En 1957 o Precision asemellábase máis á Fender Stratocaster, cos cantos biselados para facelo máis cómodo, e a pastilla cambiouse por unha pastilla dobre (split).<ref>{{Cita web|título=The History of the Fender Precision Bass|url=https://www.fender.com/articles/gear/legendary-lows-the-precision-bass-story|páxina-web=www.fender.com|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US}}</ref>
 
O Fender Bass foi un instrumento revolucionario para músicos ao vivo. En comparación co contrabaixo grande e pesado, que fora o principal instrumento grave na música popular dende principios dos anos 20 ata os anos 40, o baixo podía transportarse doadamente aos concertos. Cando se amplificaba o baixo era tamén menos propenso á retroalimentación que os baixos acústicos. A adición de trastes permitía aos baixistas tocar afinados máis doadamente que con contrabaixos acústicos sen trastes, e permitía aos guitarristas cambiar de instrumento dun xeito máis doado.<ref>{{Cita web|título=1952 Fender Precision Bass|url=https://www.premierguitar.com/1952-fender-precision-bass|páxina-web=Premier Guitar|data=2013-05-13|data-acceso=2022-01-18|lingua=en}}</ref>