Autolux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 44:
 
Autolux editou o seu segundo álbum, ''[[Transit Transit]]'', o [[3 de agosto]] do ano [[2010]] através do selo TBD Records en Norteamérica e Xapón e a través de [[ATP Recordings]] no resto do mundo. A banda autoproduxo ''Transit Transit'' con Edwards servindo como enxeñeiro de son. A meirande parte do traballo gravouse en Space 23, mentres que un feixe de pistas de batería ("Highchair", "Spots" e "The Science of Imaginary Solutions") saíron dunha sesión anterior co enxeñeiro John Goodmanson. "Supertoys" publicouse como primeiro sinxelo do álbum, estreándose na páxina web da banda o 23 de xuño de 2010. A banda saiu de xira polos Estados Unidos, Canadá e México en agosto e setembro dese ano.
 
No mes de decembro de 2010 a banda iniciou a súa primeiro xira europea. O día 6 dese mes ATP publicou un sinxelo de 7" con dúas cancións, "The Bouncing Wall"/"Census" (ámbalas dúas de ''Transit Transit''). A principios de 2011 este foi reeditado dixitalmente por TBD como un EP, coa adición de tres temas inéditos.<ref>{{Cita web|título=New Autolux EP Out Now – TBD RECORDS|url=http://tbdrecords.com/featured/autolux-release-ep-march-1/|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US}}</ref>
 
O 27 de febreiro de 2011 a banda tocou noutro festival [[All Tomorrow's Parties]], desta vez en [[Toquio]] e co nome "I'll Be Your Mirror".<ref>{{Cita web|título=Event Info (English) - I'll Be Your Mirror Tokyo curated by ATP (SOLD OUT)|url=https://www.atpfestival.com/events/illbeyourmirrorjapan/view/eventinfoenglish|páxina-web=All Tomorrow's Parties|data-acceso=2022-01-18|lingua=en}}</ref>
 
O 19 de novembro de 2015 Autolux compartiu o sinxelo "Soft Scene" e anunciou que o seu terceiro álbum sería editado na primavera de 2016 a través do novo selo do músico [[Danger Mouse]], 30th Century Records.<ref>{{Cita web|título=Autolux – “Soft Scene” (Prod. Boots)|url=https://www.stereogum.com/1844786/autolux-soft-scene-prod-boots/news/|páxina-web=Stereogum|data=2015-11-19|data-acceso=2022-01-18|lingua=en}}</ref>
 
O 19 de xaneiro de 2016, Autolux anunciou que o lanzamento do disco sería o 1 de abril. ''[[Pussy's Dead]]'' foi producido polo artista e produtor [[Boots]], que anteriormente traballara con artistas como [[Run the Jewels]], [[FKA Twigs]] e [[Beyoncé]].<ref>{{Cita web|título=From Failure to Strange Floating Grooves: Autolux Return|url=https://www.vice.com/en/article/6vgn4j/autolux-interview-2015-pussys-dead|páxina-web=www.vice.com|data-acceso=2022-01-18|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita web|título=Autolux Announce New Album Pussy's Dead, Tour|url=https://pitchfork.com/news/62167-autolux-announce-new-album-pussys-dead-tour/|páxina-web=Pitchfork|data=2016-01-19|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US}}</ref>
 
== Discografía ==