Conquista do Imperio Azteca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5962783 de 185.9.195.91 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 1:
[[Categoría:Historia de México]]
[[Categoría:Historia de España]]
[[Ficheiro:Aztecempirelocation.png|miniatura|dereita|300px| Extensión do Imperio Azteca antes da chegada dos españois.]]
A '''Conquista do Imperio Azteca''' fai referencia o conxunto de campañas militares [[España|españolas]] acontecidas a partir de [[1517]] cuxo obxectivo era a dominación dos territorios controlados polo [[Imperio Azteca]] e dos demais pobos [[Mesoamérica|mesoamericanos]] relacionados con eles; que desembocaría no [[Vicerreinado de Nova España]].
 
== Antecedentes ==
No [[1507]] [[Vicente Yáñez Pinzón]] bordea a costa de [[América Central]] ata o [[Península do Iucatán|Iucatán]]. No ano [[1511]], sendo [[Moctezuma II|Moctezuma II Xocoiotzin]] soberano dos aztecas, unha [[nao]] española naufraga cerca das costas [[mar Caribe|caribeñas]] do continente e os seus tripulantes son apreixados polos [[Civilización maia|maias]] do Iucatán. Entre eles áchase [[Xerónimo de Aguilar]], xunto con outro compañeiro, quen posteriormente servirán de intérpretes a [[Hernán Cortés]]. No ano [[1512]] outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apresamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero. Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano [[1517]], parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por [[Francisco Hernández de Córdoba]], quen logra desembarcar o 4 de marzo no [[Cabo Cachote]] (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de volver para a illa de [[Cuba]]. No [[1518]] [[Xoán de Grixalva]] explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a [[illa de Cozumel]] ata o [[Cabo Roxo]] na [[enseada de Tamiahua]] e remonta o río que actualmente leva o seu nome ata chegar a [[San Xoán de Ulúa]]; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de [[Santa María das Neves]].
No [[1507|2022]]
 
[[Vicente Yáñez Pinzón]] bordea a costa de [[América Central]] ata o [[Península do Iucatán|Iucatán]]. No ano [[1511]], sendo [[Moctezuma II|Moctezuma II Xocoiotzin]] soberano dos aztecas, unha [[nao]] española naufraga cerca das costas [[mar Caribe|caribeñas]] do continente e os seus tripulantes son apreixados polos [[Civilización maia|maias]] do Iucatán. Entre eles áchase [[Xerónimo de Aguilar]], xunto con outro compañeiro, quen posteriormente servirán de intérpretes a [[Hernán Cortés]]. No ano [[1512]] outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apresamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero. Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano [[1517]], parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por [[Francisco Hernández de Córdoba]], quen logra desembarcar o 4 de marzo no [[Cabo Cachote]] (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de volver para a illa de [[Cuba]]. No [[1518]] [[Xoán de Grixalva]] explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a [[illa de Cozumel]] ata o [[Cabo Roxo]] na [[enseada de Tamiahua]] e remonta o río que actualmente leva o seu nome ata chegar a [[San Xoán de Ulúa]]; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de [[Santa María das Neves]].
 
No mes de [[febreiro]] de [[1519]] [[Diego Velásquez]], gobernador de [[Cuba]], forma unha [[expedición]] que parte cara México comandada por [[Hernán Cortés]]. Porén, posteriormente proponse destituílo e, sabedor Cortés disto, decide precipita-los acontecementos saíndo da [[Habana]] o [[10 de febreiro]] con 665 homes. Os historiadores xa estimaban unha poboación neste mesmo ano duns 25 000 000 de habitantes mesoamericanos. Tamén neste ano [[Afonso Álvarez de Pineda]] viaxa pola costa do [[Golfo de México]] dende [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] ata o [[río Pánuco]]. Cortés fai a mesma viaxe que [[Xoán de Grixalva]], entra en contacto cos indíxenas, e o [[25 de marzo]] logra vencelos en [[Tabasco]], recibindo en compensación obxectos variados e 20 escravas; entre elas atópase [[Malinche]] (ou Malintzin, que máis adiante tamén desempeñará oficio como tradutora entre os españois e os aztecas, ademais, segundo outros biógrafos, será a mantida de Cortés). Prosegue viaxe e tras desembarcar na [[rada]] da actual [[Veracruz]], o [[21 de abril]] do mesmo ano funda a cidade que chamará [[Vila Rica da Vera Cruz]], e así poder obter a independecia de Cuba{{Cómpre referencia}}. Como medida de precaución ante as [[deserción]]s ou [[Motín (rebelión)|motín]]s{{Cómpre referencia}} decide afundi-las naves despois de ser queimadas; estando nisto chéganlle noticias de [[Moctezuma II]], quen cre que Cortés é o principal sacerdote [[tolteca]] [[Ceacatl-Quetzalcóatl]] que volta ao país.