Estalido social de Chile en 2019: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xabade (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xabade (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
== A sucesión de protestas ==
[[Ficheiro:ACAB evade.jpg|miniatura|Pintadas contra a policía e chamando a non pagar o transporte público no mobiliario urbano de Santiago (24-10-2019)]]
En outubro de 2019, un incremento nas tarifas do transporte público de [[Santiago de Chile]] derivou nas maiores protestas da Historia de Chile. Entre o 7 e o 17 de outubro comezaron as primeiras "evasións masivas", é dicir, un xeito de protestar consistente en evitar o pago do billete do transporte público, neste caso o [[Metro (transporte)|metro]] da capital.<ref>{{Cita web|título=Evasión masiva de alumnos del Instituto Nacional en el Metro termina con denuncia en Fiscalía y medidas de contención|url=https://www.latercera.com/nacional/noticia/evasion-masiva-alumnos-del-instituto-nacional-metro-termina-denuncia-fiscalia-medidas-contencion/857409/|páxina-web=La Tercera|data=2019-10-11|data-acceso=2022-01-03|nome=Angélica|apelidos=Baeza}}</ref> Durante varios días, os manifestantes, autoconvocados polas [[Rede social|redes sociais]], superaron a capacidade de control do metro que acabou rexistrando perdas por valor de 500 millóns de [[Peso chileno|pesos]].<ref>{{Cita web|título=Metro por evasiones masivas: Daños alcanzan los 500 millones de pesos|url=https://www.t13.cl/noticia/nacional/evasiones-masivas-danos-500-millones-18-10-2019|páxina-web=Tele13|data-acceso=2022-01-03}}</ref> O venres 18, malia a estaren as estacións protexidas polos carabineiros, o servizo do metro colapsou e a mobilidade da capital viuse seriamente afectada.<ref>{{Cita web|título=Múltiples puntos de evasión masiva en el Metro marcan la quinta jornada de protesta|url=https://www.elmostrador.cl/noticias/multimedia/2019/10/18/multiples-puntos-de-evasion-en-el-metro-marcan-la-quinta-jornada-de-protesta/|páxina-web=El Mostrador|data=2019-10-18|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref> Ao longo desa tarde tamén se rexistraron cargas policiais e actos vandálicos deixando a unha estudante ferida.<ref>{{Cita web|título=Video muestra a joven herida durante jornada de protestas en Estación Central|url=https://www.eldesconcierto.cl/nacional/2019/10/18/video-muestra-a-joven-herida-durante-protestas-de-este-viernes-en-estacion-central.html|páxina-web=El Desconcierto - Prensa digital libre|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref> No serán do venres 18 o goberno decretou a aplicación da Lei de Seguridade Interior, unha lexislación excepcional, e pechou durante a fin de semana o servizo de metro.<ref>{{Cita web|título=Gobierno por evasiones masivas: "Hemos invocado la Ley de Seguridad del Estado"|url=https://www.meganoticias.cl/nacional/279441-ministro-del-interior-andres-chadwick-evasiones-masivas-metro-de-santiago.html|páxina-web=meganoticias.cl|data=2019-10-18|data-acceso=2022-01-03|lingua=es-cl}}</ref> Con todo durante esa noite sucedéronse episodios de protesta e violencia, mentres que se difundiu unha fotografía de Piñera canda a súa familia celebrando o aniversario dun dos seus netos nunha pizzería. A imaxe, difundida nas [[Rede social|redes sociais]], foi para moitos, tanto a nivel nacional como internacional, un símbolo da desconexión do presidente coa realidade do país.<ref>{{Cita web|título=«Il Cile brucia e lui mangia la pizza»: bufera contro Piñera|url=https://www.corriere.it/esteri/19_ottobre_20/cile-brucia-lui-mangia-pizza-bufera-contro-presidente-pinera-27111afe-f32a-11e9-ad64-4488d500d2a2.shtml|páxina-web=Corriere della Sera|data=2019-10-20|data-acceso=2022-01-03|lingua=it|nome=Alessandra|apelidos=Coppola}}</ref>
[[Ficheiro:Marcha Mas Grande De Chile 2019 Plaza Baquedano Drone.jpg|miniatura|Imaxe aérea da praza Baquedano durante a "Marcha máis grande de Chile" (25-11-2019)]]
 
Na madrugada do venres 18 ao sábado 19, Piñera ofreceu unha declaración na que anunciaba o establecemento do Estado de Emerxencia en Santiago e parte da [[Rexión Metropolitana de Santiago|Rexión Metropolitana]].<ref>{{Cita web|título=¿Qué significa el Estado de Emergencia decretado por el Presidente?|url=https://www.latercera.com/nacional/noticia/estado-de-emergencia-decretado-por-el-presidente/868299/|páxina-web=La Tercera|data=2019-10-19|data-acceso=2022-01-03|nome=La|apelidos=Tercera}}</ref> Isto significadaba a militarización da orde pública e a limitación das liberdades de reunión e circulación e decretouse un toque de queda durante a noite. Ao longo dese día as medidas de Estado de Emerxencia e o toque de recollida foi ampliado á totalidade da Rexión Metropolitana e á de [[Rexión de Valparaíso|Valparaíso]] e á provincia de [[Concepción, Chile|Concepción]], afectando ás principais cidades do país. Foi a primeira vez que se empregaba esta medida para evitar protestas dende a ditadura de Pinochet, se ben fora usado por mor de catástrofes naturais na democracia.<ref>{{Cita web|título=No se veía desde Pinochet: el último toque de queda que se decretó en Santiago por protestas sociales|url=https://www.publimetro.cl/cl/noticias/2019/10/19/pinochet-pinera-toque-de-queda-estado-emergencia.html|páxina-web=Publimetro Chile|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref> Malia a estas medidas, as protestas continuaron afectando ás principais cidades chilenas, causando ás veces episodios violentos como saqueos e enfrontamentos coas forzas de seguridade. Sebastián Piñera declarou entón que ofrecía diálogo paralizando o incremento do prezo do metro, aínda que alertou contra as protestas. A retórica do presidente endureceuse chegando a falar de "grupos criminais organizados" como responsables dos disturbios e de que Chile estaba "en guerra contra un inimigo poderoso" e que os que participaban nas protestas violentas estaban "en guerra contra todos os chilenos de boa vontade que queremos vivir en democracia".<ref>{{Cita web|título=Presidente Piñera:|url=http://prensa.presidencia.cl/comunicado.aspx?id=103689|páxina-web=prensa.presidencia.cl|data-acceso=2022-01-03}}</ref> O domingo 20 Santiago de Chile e as principais cidades do país acolleron multitudinarias manifestacións de apoio ás protestas. A pesar do seu carácter pacífico, efectivos de carabineiros e do exército dispersaron algunhas mediante a forza habendo agresións a xornalistas.<ref>{{Cita web|título=Mano dura: militares dispersan a manifestantes en Apoquindo y agreden a la prensa|url=https://www.elmostrador.cl/dia/2019/10/21/mano-dura-militares-dispersaron-a-manifestantes-en-apoquindo-y-agreden-a-la-prensa/|páxina-web=El Mostrador|data=2019-10-21|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref>
 
Liña 17 ⟶ 18:
 
== Actuación policial ==
[[Ficheiro:Carabineros frente a manifestación feminista.jpg|miniatura|Protesta polos traumas oculares derivados das actuacións policiais (2-11-2019)]]
A resposta policial ante as protestas foi criticada pola súa dureza describíndose numerosos casos de brutalidade. Informes de institucións como Alto Comisionado das [[Organización das Nacións Unidas|Nacións Unidas]] para os Dereitos Humanos e da [[Comisión Interamericana de Dereitos Humanos]], así como de [[Organización non gobernamental|organizacións non gobernamentais]] como [[Amnistía Internacional]] e [[Human Rights Watch]], testemuñaron numerosos usos excesivos da violencia por parte das forzas de seguridade incluíndo mortes, lesións, violencia sexual ou privacións arbitrarias de liberdade.<ref>{{Cita web|url=https://www.ohchr.org/Documents/Countries/CL/Report_Chile_2019_SP.pdf|páxina-web=ohchr.org|título=Informe sobre la Misión a Chile: 30 de octubre-22 de noviembre}}</ref><ref>{{Cita web|título=OEA - Organización de los Estados Americanos: Democracia para la paz, la seguridad y el desarrollo|url=https://www.oas.org/es/cidh/prensa/comunicados/2019/317.asp|páxina-web=www.oas.org|data=2009-08-01|data-acceso=2022-01-03|lingua=es|apelidos=OEA}}</ref><ref>{{Cita web|título=Chile: Llamado urgente a una reforma policial tras las protestas|url=https://www.hrw.org/es/news/2019/11/26/chile-llamado-urgente-una-reforma-policial-tras-las-protestas|páxina-web=Human Rights Watch|data=2019-11-26|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|título=Chile: Responsabilidad penal por omisión de los mandos con ocasión de los crímenes cometidos durante el estallido social.|url=https://www.amnesty.org/fr/documents/amr22/4851/2021/es/|páxina-web=Amnesty International|data-acceso=2022-01-03|lingua=fr}}</ref>
 
Liña 24 ⟶ 26:
 
== Consecuencias ==
[[Ficheiro:Proyección Constitución.jpg|miniatura|Proxección un edificio a favor dunha nova constitución en Santiago de Chile (31-12-2019)]]
Ante a magnitude do descontento social mostrado dende outubro de 2019, diferentes sectores comezaron a pronunciarse a favor dunha cambio profundo da Constitución de 1980, aprobada durante a ditadura de Augusto Pinochet. Deste xeito, ante a presión de organizacións sociais, sindicais, políticas e xurídicas,<ref>{{Cita web|título=Líderes sociales exigen Asamblea Constituyente y seis medidas anti abusos de corto plazo|url=https://www.biobiochile.cl/noticias/nacional/chile/2019/10/21/lideres-sociales-exigen-asamblea-constituyente-y-seis-medidas-anti-abusos-de-corto-plazo.shtml|páxina-web=BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile|data=2019-10-21|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web|título=Declaraciones del Presidente del Senado tras reunión de los tres poderes del Estado en La Moneda - Senado - República de Chile|url=https://senado.cl/noticias/presidente-del-senado/declaraciones-del-presidente-del-senado-tras-reunion-de-los-tres-poderes|páxina-web=Senado|data-acceso=2022-01-03|lingua=es-CL|apelidos=Senado}}</ref><ref>{{Cita web|título=Vocero de la Corte Suprema a favor de una nueva Constitución: "Deberíamos abocarnos a eso"|url=https://www.biobiochile.cl/noticias/nacional/chile/2019/10/30/vocero-de-la-corte-suprema-a-favor-de-una-nueva-constitucion-deberiamos-abocarnos-a-eso.shtml|páxina-web=BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile|data=2019-10-30|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref> Sebastián Piñera fixo anuncios pouco claros nos que non desbotaba dunha reforma estrutural do texto.<ref>{{Cita web|título=Ambigüedad del Gobierno de Piñera ante nueva Constitución marca cita de la oposición con Blumel en La Moneda|url=https://www.elmostrador.cl/destacado/2019/10/31/ambiguedad-del-gobierno-de-pinera-ante-nueva-constitucion-marca-cita-de-la-oposicion-con-blumel-en-la-moneda/|páxina-web=El Mostrador|data=2019-10-31|data-acceso=2022-01-03|lingua=es|nome=El|apelidos=Mostrador}}</ref> Finalmente, o 10 de novembro de 2019, o ministro do Interior, Gonzalo Blumel, confirmou que o goberno comezaría un proceso de redacción dunha nova Constitución mediante un "Congreso Constituínte" e un referendo para a ratificación da carta magna que se elaborara.<ref>{{Cita web|título=Gobierno confirma proceso para una nueva Constitución a través de un "Congreso Constituyente"|url=https://www.biobiochile.cl/noticias/nacional/chile/2019/11/10/gobierno-confirma-proceso-para-una-nueva-constitucion-a-traves-de-un-congreso-constituyente.shtml|páxina-web=BioBioChile - La Red de Prensa Más Grande de Chile|data=2019-11-10|data-acceso=2022-01-03|lingua=es}}</ref> Malia a que a oposición valorou que o executivo se abrise a unha nova Constitución rexeitou a forma de redactala, propondo unha asemblea constituínte electa para tal fin, a chamada Convención Constitucional. O 15 de novembro, goberno e oposición acordaron celebrar un duplo plebiscito simultáneo no que se preguntase á cidadanía se querían unha nova Constitución e o xeito de facelo, optando entre a Convención Constitucional ou unha convención mixta na que se escollese a parte dos seus integrantes mentres que o resto serían designados polo Congreso. Sebastián Piñera asinou a lei para convocar o referendum o 23 de decembro de 2019.<ref>{{Cita web|título=Piñera firma ley para convocar a plebiscito sobre nueva Constitución en Chile – La Ley al Día|url=http://www.laleyaldia.cl/?p=8385|data-acceso=2022-01-03|lingua=es-ES}}</ref>