Florencio Delgado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
plan de fuxida logo da sublevación militar
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Ligazón
Liña 11:
 
== Traxectoria ==
Fillo de Florencio Delgado Prada e Consuelo Gurriarán Díaz. O pai, perito agrícola ([[enxeñeiro técnico agrícola]]), foi profesor da Escola de Peritos Agrícolas de Valladolid. Amais, estivo destinado en [[Ourense]], [[Palencia]], [[Valladolid]] e [[A Coruña]] como empregado de Fomento. Florencio estudou na aldea, en escolas particulares. Aos seis anos marcharon a [[Palencia]] onde estudou cos [[Irmáns Maristas das Escolas|Maristas]]. Rematou o [[bacharelato]] en Valladolid e licenciouse en [[Dereito]] nesa [[Universidade de Valladolid|universidade]] con 20 anos. De volta en Córgomo, exerceu como avogado no [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]] mentres preparaba [[oposición]]s a Rexistros, que non aprobou.<ref name="PLA">{{Cita web |nome=Dolores |apelidos={{Versaleta|Pla Brugat}} |url=https://mediateca.inah.gob.mx/repositorio/islandora/object/entrevista:884/datastream/PDF/view|páxina-web= Instituto Nacional de Antropología e Historia de México |título=Entrevista a Florencio Delgado Gurriarán realizada en la ciudad de Guadalajara, por Dolores Pla, los días 23, 24 y 25 de agosto de 1979 }}</ref>
 
Comezou a colaborar con artigos e poemas no xornal ''[[Heraldo Orensano]]'' co pseudónimo de "Corgomófilo", e tamén en ''[[Heraldo de Galicia (1930)|Heraldo de Galicia]]'' e ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''.<ref name="EGU"/> En [[1933]] ingresou no [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Tamén se achegou ás [[Irmandades da Fala]] e ao [[Seminario de Estudos Galegos]], do que foi socio protector.