Teobaldo II de Champaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: arranxos varios
Etiquetas: Editor visual: Cambio Hiperligações de desambiguação
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{biografía}}
'''Teobaldo IV de Blois e II de Champaña''', tamén coñecido como '''Teobaldo o Grande''', (en [[Lingua francesa|francés]] ''Thibaut de Blois et Champagne'' ou ''Thibaut IV (II) le Grand,'' <ref>{{Cita web|url=[http://fmg.ac/Projects/MedLands/CENTRAL%20FRANCE.htm#_Toc220135139|páxina-web=fmg.ac|título= Xenealoxía|data-acceso=6 de decembro de 2021|lingua=fr}}]</ref>, nado c. 1090/1095, finado o [[10 de xaneiro]] de [[1152]], foi [[Condado de Blois|conde de Blois]], [[Condado de Chartres|Chartres]], [[Condado de Meaux|Meaux]], [[Vizcondado de Châteaudun|vizconde de Châteaudun]], [[Señorío de Sancerre|señor de Sancerre]] (1102-1151), [[Condado de Troyes|conde de Troyes]] e [[Condado de Champaña|Champaña]] (1125-1151).
 
== Traxectoria ==
Era o fillo máis novo de [[Estevo II de Blois|Estevo]] (m. [[1102]]), conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Meaux, señor de Sancerre, e de [[Adela de Blois]] (m. [[1137]] ), filla de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]]. O seu irmán maior, Guillerme, (chamado Guillerme de Sully e Blois) foi probabelmente desherdado por problemas mentais: tatexo e posíbel loucura, e Teobaldo converteuse no herdeiro dos estados de Blois sendo menor de idade.<ref name=":0ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>. En [[1102]] herdou os dominios de seu pai, que morreu na [[batalla de Ramah]] en [[Terra Santa]]. En [[1125]], o seu tío [[Hugo I de Champaña]] converteuse en [[Orde do Temple|cabaleiro templario]] e legoulle o [[condado de Troyes]] máis o título de ''[[Condado de Champaña|conde de Champaña]]'' que este último se atribuíra, malia non ser propietario de toda a provincia.
 
A súa nai Adela de Normandía estará á fronte da rexencia asistida polo vizconde de Chartres: [[Hugo de Puiset]], que aproveitará esta posición de privilexio para ampliar os seus dominios persoais. Para darse gañado a [[Filipe I de Francia]], Hugo encarcerou ao bispo Yves de Chartres, quen denunciara o matrimonio do monarca con [[Berta de Monfort]], pero Adela de Normandía acabará con esta situación tras a coroación de [[Luís VI de Francia]] "o Gordo" e o encarceramento de Hugo de Puiset no castelo de [[Landon]]. Adela controlou plenamente a xestión do principado desde [[1101]] ata [[1107]], cando foi armado cabaleiro<ref name="ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>. Despois administraron xuntos o condado ata 1120, cando se retirou á abadía de [[Marcigny ]]<ref name="ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>.
 
A medida que creceu e herdou o [[condado de Blois]], chegou ao seu apoxeo. Teobaldo tiña baixo o seu cetro os estados de Blois e parte de Champaña, o que representaba un grave perigo para a coroa de Francia. Os seus dominios rodeaban os dos [[Dinastía dos Capetos|Capetos]] polo oeste e o leste, sendo tal a súa importancia que se converteu na segunda persoa, despois do rei, en importancia no reino, feito que lle permitiría ser aliado ou inimigo cando lle conviña tanto de [[Luís VI de Francia]] como de [[Luís VII de Francia|Luís VII]]. Inicialmente (1107), Teobaldo uniuse a unha revolta contra [[Luís VI de Francia|Luís]], fillo do [[Lista de monarcas de Francia|rei]] [[Filipe I de Francia]],<ref name=":0ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>, e declarou a guerra ao rei Luís VI de Francia nunha serie de batallas na rexión de [[Illa de Francia|Île-de-France]]. O rei intentou manter baixo o seu cetro os señores feudais, incluído o vizconde de Chartres, Hugo de Puiset, que acababa de saír da prisión. Teobaldo tivo que acudir en auxilio de [[Guido de Rochefort]] pero foi derrotado polas tropas de Luís VI de Francia en 1107, preto do castelo de [[Gourmay-sur-Marne]], onde construiría unha fortaleza. Luís VI de Francia invadiu o [[Dunois]], tomando [[Bonneval]] e destruíndo todo menos as igrexas; esta fortaleza feita por Teobaldo faríalle reconsiderar a situación e decidir converterse en aliado do monarca. Teobaldo de Blois intentou derrotar a Hugo de Puiset pero, ao non facelo, volveu cambiar de bando, converténdose en aliado de Hugo de Puiset e declarando de novo a guerra a Luís VI de Francia. As tropas reais vencéronos a ambos no castelo de [[Puiset]], destruíndoo todo; Hugo finalmente marchou a Terra Santa onde había morrer, mentres Teobaldo, malferido, retirouse ás súas terras de Chartres.
 
En [[1108]], o seu tío confioulle algunhas das terras e castelos confiscados no [[Bellême]] (especialmente [[Alençon]] e [[Sées]]<ref name="Helmerichs">. Robert Helmerichs, «Ad tutandos patriae fines»: The Defense of Normandy, 1135 », ''The Normans and their adversaries at war'', publicado por Boydell & Brewer, 2001, p. 142. </ref> no [[Orne]]). Despois descambiounas co seu irmán polas terras que herdara no [[condado de Blois]]<ref name="Helmerichs" />.
Liña 29:
Polo seu ascendente e habilidade, estendeu o pequeno condado de Troyes a toda a Champaña, impoñendo a súa soberanía feudal a cinco vasalos do arcebispo de Reims, o bispo de Langres e varios feudos de Borgoña (especialmente [[Joigny]]). Tamén fixo de [[Troyes]] a capital dos seus estados e foi un dos principais vasalos da coroa francesa.
 
Á súa morte en xaneiro de [[1152]]<ref>Josèphe Chartrou-Charbonnel: ''L'Anjou de 1109 a 1151: Foulque de Jerusalem et Geoffroi Plantegenêt'', Les Presses universitaires de France, 1928, p. 89</ref><ref>Michel Bur, ''La formation du comté de Champagne (v.950 - v. 1150)'', Universitat de Nancy II, 1977, p. 281 </ref> escolleu ser enterrado na fronteira noroeste das súas posesións de Champaña, en [[Brie (rexión)|Brie]], na abadía de Saint-Pierre de [[Lagny-sur-Marne]], fronte ao dominio real, no camiño das [[Feiras de Champaña.]]<ref> Michel Bur, 1977op. cit., p. 306. </ref>.
 
== Matrimonio e descendencia ==
Liña 46:
# Margarida, monxa en [[Fontevraud]].
 
Tamén tivo polo menos un fillo bastardo: Hugo, monxe de Tiron, abade de San Bieito, [[Holme]] (1146-1150), de [[Chersey]] (1149-1163) e San Pedro de [[Lagny-sur-Marne]] (1163-1171)<ref>Michel Bur 1977, op. cit. p. 473 </ref>.
 
== Notas ==
Liña 53:
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
=== Bibliografía ===
 
* {{Cita libro|título=La formation du comté de Champagne (v.950 - v. 1150)|apelidos=Bur|nome=Michel|editorial=Université de Nancy II|ano=1977|ref=harv|lugar=Nancy|lingua=fr}}
* {{Cita libro|título=L'Anjou de 1109 à 1151: Foulque de Jérusalem et Geoffroi Plantegenêt|apelidos=Chartrou-Charbonnel|nome=Josèphe|editorial=Les Presses universitaires de France|ano=1928|ref=harv|lugar=París|lingua=fr}}
* {{Cita libro|título=Oxford Dictionary of National Biography|apelidos=Huneycutt|nome=Lois L.|editorial=Oxford University Press|ano=2004|ref=harv|lugar=Oxford|lingua=en|capítulo=Adela, countess of Blois (c.1067–1137)}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lebrelblanco.com/anexos/a0279.htm Escudo de Teobaldo II de Champaña].