Teobaldo II de Champaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Era o fillo máis novo de [[Estevo II de Blois|Estevo]] (m. [[1102]]), conde de Blois, Chartres, Châteaudun, Meaux, señor de Sancerre, e de [[Adela de Blois]] (m. [[1137]] ), filla de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o Conquistador]]. O seu irmán maior, Guillerme, (chamado Guillerme de Sully e Blois) foi probabelmente desherdado por problemas mentais: tatexo e posíbel loucura, e Teobaldo converteuse no herdeiro dos estados de Blois sendo menor de idade<ref name="ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>. En [[1102]] herdou os dominios de seu pai, que morreu na [[batalla de Ramah]] en [[Terra Santa]]. En [[1125]], o seu tío [[Hugo I de Champaña]] converteuse en [[Orde do Temple|cabaleiro templario]] e legoulle o [[condado de Troyes]] máis o título de ''[[Condado de Champaña|conde de Champaña]]'' que este último se atribuíra, malia non ser propietario de toda a provincia.
 
A súa nai Adela de Normandía estará á fronte da rexencia asistida polo vizconde de Chartres: [[Hugo de Puiset]], que aproveitará esta posición de privilexio para ampliar os seus dominios persoais. Para darse gañado a [[Filipe I de Francia]], Hugo encarcerou ao bispo Yves de Chartres, quen denunciara o matrimonio do monarca con [[Berta de Monfort]], pero Adela de Normandía acabará con esta situación tras a coroación de [[Luís VI de Francia]] "o Gordo" e o encarceramento de Hugo de Puiset no castelo de [[Landon]]. Adela controlou plenamente a xestión do principado desde [[1101]] ata [[1107]], cando foi armado cabaleiro<ref name="ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>. Despois administraron xuntos o condado ata 1120, cando se retirou á abadía de [[Marcigny ]]<ref name="ODNB" />.
 
A medida que creceu e herdou o [[condado de Blois]], chegou ao seu apoxeo. Teobaldo tiña baixo o seu cetro os estados de Blois e parte de Champaña, o que representaba un grave perigo para a coroa de Francia. Os seus dominios rodeaban os dos [[Dinastía dos Capetos|Capetos]] polo oeste e o leste, sendo tal a súa importancia que se converteu na segunda persoa, despois do rei, en importancia no reino, feito que lle permitiría ser aliado ou inimigo cando lle conviña tanto de [[Luís VI de Francia]] como de [[Luís VII de Francia|Luís VII]]. Inicialmente (1107), Teobaldo uniuse a unha revolta contra [[Luís VI de Francia|Luís]], fillo do [[Lista de monarcas de Francia|rei]] [[Filipe I de Francia]]<ref name="ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>, e declarou a guerra ao rei Luís VI de Francia nunha serie de batallas na rexión de [[Illa de Francia|Île-de-France]]. O rei intentou manter baixo o seu cetro os señores feudais, incluído o vizconde de Chartres, Hugo de Puiset, que acababa de saír da prisión. Teobaldo tivo que acudir en auxilio de [[Guido de Rochefort]] pero foi derrotado polas tropas de Luís VI de Francia en 1107, preto do castelo de [[Gourmay-sur-Marne]], onde construiría unha fortaleza. Luís VI de Francia invadiu o [[Dunois]], tomando [[Bonneval]] e destruíndo todo menos as igrexas; esta fortaleza feita por Teobaldo faríalle reconsiderar a situación e decidir converterse en aliado do monarca. Teobaldo de Blois intentou derrotar a Hugo de Puiset pero, ao non facelo, volveu cambiar de bando, converténdose en aliado de Hugo de Puiset e declarando de novo a guerra a Luís VI de Francia. As tropas reais vencéronos a ambos no castelo de [[Puiset]], destruíndoo todo; Hugo finalmente marchou a Terra Santa onde había morrer, mentres Teobaldo, malferido, retirouse ás súas terras de Chartres.
 
En [[1108]], o seu tío confioulle algunhas das terras e castelos confiscados no [[Bellême]] (especialmente [[Alençon]] e [[Sées]]<ref name="Helmerichs">. Robert Helmerichs, «Ad tutandos patriae fines»: The Defense of Normandy, 1135 », ''The Normans and their adversaries at war'', publicat per Boydell & Brewer, 2001, p. 142. </ref> no [[Orne]] ). Despois descambiounas co seu irmán polas terras que herdara no [[condado de Blois]]<ref name="Helmerichs" />.
[[Ficheiro:Thibaut_Champagne.jpg|miniatura| Selo de Teobaldo II de Champaña sen signos heráldicos]]
[[Ficheiro:Thibault2.jpg|miniatura| Recreación dun selo de Teobaldo II de Champaña]]
Liña 15:
En 1111, despois de que Luís se convertese en [[Luís VI de Francia]], as súas relacións cos Capetos deterioráronse aínda máis e provocaron un conflito armado latente. En 1113, Teobaldo formou unha coalición co seu tío, o [[Monarquía británica|rei de Inglaterra]] e [[Ducado de Normandía|duque de Normandía]], [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]], e xuntos derrotaron un exército de capetos e [[Condado de Anjou|anxevinos]]<ref name="ODNB"> Lois L. Huneycutt, «Adela, countess of Blois (c. 1067 -1137),» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, 2004.</ref>.
 
Teobaldo volvería á vida pública en [[1115]] cando o rei estaba en guerra con [[Tomé de Marle]]. Teobaldo fixo prisioneiro ao [[Condado de Nevers|conde de Nevers]], aliado de Luís VI de Francia e loitou contra el en Normandía en apoio do seu tío [[Henrique I de Inglaterra]] e duque de Normandía, resultando ferido preto de [[Alençon]].
 
Durante os anos de [[1116]] - [[1119]], [[Estevo I de Inglaterra|Estevo de Blois]], Conde[[Condado de Mortain|conde de Mortain]] axudouno, especialmente comandando o exército normando e de Blois en [[Brie (rexión)|Brie]], temendo que o [[Lista de monarcas de Francia|rei de Francia]] [[Luís VI de Francia|Luís VI]] se apoderase dela durante unha ausencia de Teobaldo<ref>Elisabeth M. C. Van Houts, ''The Normans in Europa'', publicat per Manchester University Press, 2000, p. 201. </ref>.
 
Estevo tamén acudiu na súa axuda a principios de novembro de [[1118]], cando foi capturado en batalla pola guarnición do castelo de [[L'Aigle]]<ref> Judith A. Green ''Henry I: King of England and Duke of Normandy'', Cambridge University Press, 2006, p. 144. </ref>. Ao mesmo tempo, os cidadáns da cidade fronteiriza de [[Alençon]], exasperados pola brutalidade do trato que lles daba Estevo e a súa guarnición, rebeláronse e pediron axuda ao conde Folques[[Fulque V de Anjou]]<ref name="King"> Edmund King, «Stephen (c. 1092 -1154)» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, Set 2004; online edn, Oct. 2006. </ref>. Este tomou a cidade e cercou a fortaleza. Teobaldo e o seu irmán Estevo, que segundo o monxe cronista [[Orderico Vitalis]] estaban "cobizosos de gloria", adiantaron as hostes de Henrique I e marcharon a liberar a cidade cos seus propios homes<ref name="Barton">Ricard Barton, «Writing Warfare, Lordship and History: the ''Gesta Consulum Andegavorum, Account of the Battle of Alençon''», ''Anglo-Norman Studies XXVII: Proceedings of the Battle Conference 2004'', editat per John Gillingham, publicat per Boydell Press, 2005, p. 32-50. </ref>. Foron derrotados nunha batalla que tivo lugar fóra da cidade, e Henrique I viuse obrigado a se retirar<ref name="Barton" />.
 
En [[1125]] morreu o seu tío Hugo I de Champaña sen herdeiros, e legoulle o [[condado de Champaña]]. A herdanza recibida fixo que as súas posesións se estenderan desde o [[Río Marne|Marne]] ata o [[Río Loira, Francia|Loira]] rodeando de novo as zonas reais; Teobaldo adicaríase, a partir de [[1132]], ao goberno dos seus estados.
 
Á morte sen descendentes masculinos lexítimos do seu tío [[Henrique I de Inglaterra]] a finais de [[1135]], os baróns do [[Ducado de Normandía]] propuxéronlle facer del o seu soberano feudal<ref name="ODNB2"> David Crouch, «Robert, first earl of Gloucester (b. before 1100, d. 1147) », ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, Set 2004; online edn, May 2006. </ref>. A finais de decembro de 1135, en [[Lisieux]], mentres discutía o asunto con Roberto, [[Gloucestershire|conde de Gloucester]] e fillo ilexítimo de Henrique I, recibiu a noticia de que o seu irmán segundo [[Estevo I de Inglaterra|Estevo de Blois,]] conde de Mortain, acababa de ser coroado [[Monarquía británica|rei de Inglaterra]]<ref name="ODNB2" />. Teobaldo apoiouno. En [[1137]], mentres visitaba Normandía, Estevo, agora [[Estevo I de Inglaterra|Estevo de Inglaterra]], concedeulle unha pensión de 2000 [[Libra esterlina|libras]] ao ano en compensación por calquera reclamación ao trono de Inglaterra que puidese ter<ref name="King"> Edmund King, «Stephen (c. 1092 -1154)» ''Oxford Dictionary of National Biography'', Oxford University Press, Set 2004; online edn, Oct. 2006. </ref>. Ante a morte inminente de Luís VI de Francia, este pediulle que protexese ao seu fillo e futuro rei [[Luís VII de Francia]]. Luís VI morreu en agosto de 1137 e o seu fillo, o xa rei Luís VII, casou con [[Leonor de Aquitania]]. A súa irmá [[Petronila de Aquitania|Petronila]] seduciría ao senescal [[Raúl I de Vermandois|Raúl de Vermandois]], que ata entón estaba casado cunha sobriña de Teobaldo, o que supuxo para o xove rei unha delicada situación política ante o poder de Teobaldo.
 
Luís VII de Francia decidiu aliarse con Odón, que era fillo de Hugo I de Champaña e que fora desherdado por este en detrimento de Teobaldo, para atacar ao conde de Blois. En 1143 as tropas reais capturaron e arrasaron [[Vitry]]. Este tráxico suceso marcaría toda a vida do monarca. [[Bernardo de Claraval|Bernardo de Clairvaux]] sería o encargado de buscar un acordo entre o rei e Teobaldo, alcanzado en xuño de [[1144]] cando o rei aceptou case todo o que lle pedía Teobaldo. A relativa calma romperíase en 1149, cando aparece en escena o mozo Henrique "Plantagenet", da familia Anjou, que reclamaba a zona de [[Fréteval]] e algún outro lugar. Teobaldo finalmente accedeu ás reivindicacións e morreu o [[10 de xaneiro]] de [[1152]].
 
Polo seu ascendente e habilidade, estendeu o pequeno condado de Troyes a toda a Champaña, impoñendo a súa soberanía feudal a cinco vasalos do arcebispo de Reims, o bispo de Langres e varios feudos de Borgoña (especialmente [[Joigny]]). Tamén fixo de [[Troyes]] a capital dos seus estados e foi un dos principais vasalos da coroa francesa.
 
Á súa morte en xaneiro de [[1152]]<ref>Josèphe Chartrou-Charbonnel [http://books.google.cat/books?id=yCafAaaamaaj&q=%2210+janvier+1152%22&dq=%2210+janvier+1152%22&lr= ''L'Anjou de 1109 a 1151: Foulque de Jerusalem i Geoffroi Plantegenêt'']{{Ligazón morta|data=2021}}, Les Premses universitàries de França, 1928, p. 89</ref><ref>Michel Bur, ''La formation du comté de Champagne (v.950 - v. 1150)'', Universitat de Nancy II, 1977, p. 281 </ref> escolleu ser enterrado na fronteira noroeste das súas posesións de Champaña, en [[Brie (rexión)|Brie]], na abadía de Saint-Pierre de [[Lagny-sur-Marne]], fronte ao dominio real, no camiño das [[Feiras de Champaña]]<ref> Michel Bur, op. cit., p. 306. </ref>.
 
== Matrimonio e descendencia ==
Era fillo de [[Estevo II de Blois]] e de Adela de Normandía. Da súa muller [[Matilde de Carintia]] (filla do duque do mesmo título chamado [[Enxelberto de Carintia|Enxelberto]]), con quen casou en [[1123]], tivo 11 fillos:
 
# [[Henrique I de Champaña|Henrique o Liberal]] (1126 -1181), conde de Champaña e Brie.
# [[Teobaldo V de Blois|Teobaldo V]] (c. 1130-1191), conde de Blois e Chartres e condestable de Francia.
# María (1128 - arredor de 1190), esposa de [[Odón II de Borgoña]] (falecido 1162), duque de Borgoña; dende 1165 monxa.
# Isabel, esposa do duque Rogerio[[Roxerio III de Puglia]] (morta en 1148), despois de Guillerme Goet IV de Montmirail, barón de Perche-Gouet (m. c. 1170).
# [[Estevo de Sancerre|Estevo]] (morto en Acre en 1191), [[Condado de Sancerre|conde de Sancerre]].
# Guillerme das Brancas Mans, bispo de Chartres (1164-1176) arcebispo de Sens (1169-1176) e arcebispo de Reims (1176-1202), cardeal e legado papal; morreu o 7 de setembro de 1202.
# Hugo de Blois, cabaleiro da Orde do Templo, nomeado abade de Citeaux en 1155.
Liña 44:
# Inés (morta en 1207), señora de Ligny, muller de [[Rexinaldo II de Bar|Rexinaldo ou Renato II]], [[Ducado de Bar|conde de Bar]]; morreu o 7 de agosto de 1207.
# Adela ou Alix (c. [[1140]] - [[1206]] ), esposa de [[Luís VII de Francia]], rei de Francia e nai de [[Filipe II de Francia|Filipe Augusto]]; morreu en Paros o 4 de xuño de 1206.
# Margarida, monxa en [[Fontevraud]].
 
Tamén tivo polo menos un fillo bastardo: Hugo, monxe de Tiron, abade de San Bieito, [[Holme]] (1146-1150), de [[Chersey]] (1149-1163) e San Pedro de [[Lagny-sur-Marne]] (1163-1171)<ref>Michel Bur, op. cit. p. 473 </ref>.
 
== Notas ==