Víctor García García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo grallas
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Víctor García García''', coñecido como '''''O BrasileñoBrasileiro''''', nado en [[Bárzana]] ([[Quirós]]) o [[20 de setembro]] de [[1908]] e finado en [[Quinteiro, Moalde, Silleda|Quinteiro]] ([[Moalde, Silleda|Moalde]], [[Silleda]]) en abril de [[1948]] foi un [[Loita de guerrillas|guerrilleiro]] [[antifranquista]] [[España|español]], membro do comité central do [[Partido Comunista de Asturias]] e da [[Terceira Internacional|Internacional Comunista]].
 
== Traxectoria ==
Liña 7:
Finalizada a guerra, seguiu na loita polos ideais perdidos e incorporouse á clandestinidade. Estableceuse no norte de Portugal e Galicia reorganizando o [[Partido Comunista de España|PC]], que fora desarborado polo réxime.<ref>Segundo un informe do Servizo de Información da Garda Civil de setembro de 1943, foi identificado como [[José Rodríguez Páramo]].</ref> En 1942 foi encargado de reorganizar o PC creando o Comité Rexional do Partido Comunista nas minas de [[A Brea, Fontao, Vila de Cruces|Brea]], na parroquia de [[Fontao, Vila de Cruces|Fontao]], en [[Vila de Cruces]]. Foi o inicio da reorganización guerrilleira con sabotaxes para conseguir financiamento para o PC. En xuño de 1944 Víctor García trasladou o Comité Rexional do Partido Comunista de Fontao a [[Vigo]]. Foi entón cando a súa muller e o seu fillo abandonaron [[Sama de Langreo]], en [[Asturias]], e asentáronse nunha pequena casa protexida por un bosque no [[barrio do Calvario]]. Foi procesado con [[Estanislao Cantero Izquierdo]], [[Teófilo Fernández Canal]] e [[Francisco Rey Drox]] na causa 75/1946 da Coruña.<ref>''[[La Voz de Galicia]]'', 10-4-1946, p. 2.</ref>
 
Pero a dirección do PC destituíuno e ordenoulle unirse aos guerrilleiros. A negativa do Brasileiro provocou a súa expulsión do PC. A represión interna do seu propio partido, segundo [[Hartmut Heine]], levouno a esconderse na [[A Bandeira, Manduas, Silleda|Bandeira]]. Foi condenado pola propia organización comunista, acusado de "infiltrado" e de "estar en contacto cos servizos aliados na rede de evacuación de pilotos derrubados na fronte europea" que, desde [[Francia]], cruzaban por Galicia cara [[Portugal]]. Aínda que os guerrilleiros da comarca tiñan orde do novo secretario do Comité Rexional de PC en Galicia, [[José Gómez Gayoso]], de acabar coa vida do Brasileiro, esperaron á decisión do Comité Central. E esta non tardou en chegar, en abril de 1948, Víctor García apareceu morto dun tiro na cabeza. Todo indica que o encargado da súa execución foi [[Eugenio Rueda Perosanz]].
 
== Notas ==