Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «y»
Sen resumo de edición
Liña 55:
Aínda que gobernou con acerto en Escocia, atopouse con grandes dificultades en Inglaterra,<ref>Para un sumario das diferentes interpretacións que fixeron os historiadores dos reinados de Xacobe en Escocia e Inglaterra, convén consultar a introdución da obra ''King James'', de Pauline Croft. A investigacións máis recentes puxeron énfases nos éxitos de Xacobe en Escocia, aínda que ata a este respecto hai desconformes, como o historiador Michael Lynch. Tamén hai unha tendencia a valorar máis os éxitos de Xacobe nos comezos do seu reinado en Inglaterra. Croft, pp 1–9.</ref> incluíndo o soado "[[Complot da Pólvora]]" en [[1605]] e sucesivos conflitos co [[Parlamento do Reino Unido|Parlamento]], que lle era hostil, especialmente no tocante á subida de impostos. De acordo a unha tradición historiográfica iniciada a mediados do século XVII, a política [[Absolutismo|absolutista]] de Xacobe, a súa irresponsibilidade financeira e os favores outorgados a favoritos impopulares sentaron as bases da [[Guerra Civil Inglesa]], durante a cal foi axuizado e executado o seu fillo e sucesor, [[Carlos I de Inglaterra|Carlos I]].<ref>Durante os últimos tres séculos, a reputación de Xacobe sufriu por causa das acedas descricións que del fixo Sir Anthony Weldon, ao que Xacobe despedira do seu servizo, que se dedicou a escribir contra el na década de 1650. ''"A miúdo agudo e perceptivo, pero tamén prexuízoso e inxurioso, a súa condición de testemuña presencial dos feitos e lectura amena e compulsiva levou a demasiados historiadores a consideralo axiomático"''. Croft, pp. 3-4. Outros influentes historiadores contrarios a Xacobe durante este período foron: Sir Edward Peyton, ''Divine Catastrophe of the Kingly Family of the House of Stuarts'' (1652); Arthur Wilson, ''History of Great Britain, Being the Life and Reign of King James I'' (1658); e Francis Osborne, ''Historical Memoirs of the Reigns of Queen Elizabeth and King James'' (1658). ''Vide'' Lindley, p. 44, para máis información sobre a influencia exercida polos historiadores da ''Commonwealth'' e a tradición de retrotraer os erros de Carlos I ao reinado do seu pai.</ref> Con todo, en vida do monarca, a situación política de Inglaterra e de Escocia foi relativamente estable, e os historiadores contemporáneos consideran a Xacobe un soberano intelixente e reflexivo.<ref>Croft, p. 6; Smith, p. 238.</ref>
 
Durante o seu reinado continuou a "Era Dourada" do drama e a literatura sabelinos, con grandes escritores como [[William Shakespeare]], [[John Donne]], [[Ben Jonson]] e [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]], aos que o rei patrocinou, contribuíndo ao florecemientoflorecemento cultural.<ref>Milling, p. 155.</ref> Apaixonado pola teoloxía, o rei ordenou a tradución da Biblia que leva o seu nome, a ''[[Biblia do rei Xacobe|King James]]'', que aínda é a oficial da [[Igrexa Anglicana]]. Probablemente xamais houbo tal concentración de talento literario baixo patronazgo da Coroa inglesa. O propio Xacobe era un erudito de considerable talento, autor de poesía, traducións e un tratado sobre poesía, así como obras condenando a [[bruxería]] e o [[tabaco]] (''Daemonologie'' [1597] <ref>[http://www.folger.edu/eduPrimSrcDtl.cfm?psid=83 Demonoloxía, en forma de diálogo] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070926230104/http://www.folger.edu/eduPrimSrcDtl.cfm?psid=83 |date=26 de setembro de 2007 }}; versión online na páxina web da Biblioteca Folger Shakespeare ([[Washington, DC]])</ref> e ''A Counterblaste to Tobacco'' [1604]), meditacións e comentarios sobre as [[Biblia|Sagradas Escrituras]], obras de teoría política (''The True Law of Free Monarchies'' [1598] e ''Basilikon Doron'' [1599]), e discursos para o Parlamento. Sir Anthony Weldon afirmou que Xacobe fora chamado ''"o bobo máis sabio da Cristiandade"'', e desde entón asociouse o epíteto a este monarca.<ref>''Un home moi sabio dixo unha vez que se consideraba "o bobo máis sabio da Cristiandade", pois aínda considerándose un sabio nas cousas miúdas, sabíase un bobo nos asuntos de peso''. Sir Anthony Weldon (1651), ''The Court and Character of King James I'', citado por: Stroud, p. 27; ''A etiqueta do "bobo máis sabio da Cristiandade', é a miúdo atribuída a [[Henrique IV de Francia]], pero posiblemente foi acuñada por Anthony Weldon, e recolle con precisión as paradoxais calidades de Xacobe''. Smith, p. 238.</ref>
 
== Primeiros anos ==