Faia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
cambiar galicia por galiza
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 5920130 de 88.15.226.156 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 34:
É infrecuente fóra das montañas setentrionais ([[Cordilleira Cantábrica]], Sistema ibérico, [[Pireneos|Pireneos)]]. En [[Galicia]], os faiais ocupan algo menos de 200 ha de superficie, formando masas arboradas de pequeno tamaño que se concentran, principalmente, nas montañas do Cebreiro e a metade setentrional da Serra do Courel. O máis grande ocupa unhas 70 ha e atopase na parroquia de Riocereixa, no concello de Pedrafita do Cebreiro. Os pequenos faiais que se conservan nalgúns vales da cabeceira do río Eo, nos concellos de Baleira e A Fonsagrada, son os más suroccidentais de toda Europa. Hai tamén faiais nas ladeiras do [[Moncayo]] e no parque natural dos [[Portos de Tortosa-Beceite]] ([[Provincia de Tarragona|Tarragona]]), que son os máis meridionais de España, así como nalgúns bosques do Sistema Central, en [[Faial de Tejera Negra|Tejera Negra]] ([[provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]]), [[Faial da Pedrosa|a Pedrosa]] ([[Segovia]]) ou en [[Faial de Montejo|Montejo de la Sierra]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]). En [[Ciñera de Gordón]] ([[provincia de León|León]]) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas [[montañas do País Vasco]] e o [[Val do Rudrón]] ([[Burgos]]). As masas arboradas existentes no [[Parque Nacional da Peneda-Gerês]] portugués proceden de plantacións efectuadas polos servizos forestais dese país no pasado século, polo que non se poden considerar bosques naturais desta especie. Os exemplares silvestres de faia situados a menor altitude dentro do contexto ibérico (80 m.s.n.m) atópanse no concello asturiano de Valdés, mentres que o maior faial das montañas cantábricas atópase no val de Mosteiro de Hermo, no concello de [[Cangas del Narcea|Cangas del Narcea,]] a moi poucos quilómetros da Reserva Integral de [[Muniellos]], que comprende, entre outros tipos de bosque, un dos carballais de ''Quercus petraea'' mellor conservado da Península Ibérica.
 
==== GalizaGalicia ====
A faia é unha especie arbórea nativa no NW ibérico que está presente neste territorio desde, alo menos, o interestadial Eemiense (hai 130.000-115.000 anos antes do presente), fase climática caracterizada por un clíma algo máis morno e húmido que a actualidade no S de Europa. Dese período consérvase pole fósil desta especie no xacemento do Area Longa (Fazouro, Lugo). Con posterioridade, o arrefriamento climático experimentado ao lonfo do estadial Würmiense (115.00-10.000 anos antes do presente) fragmentou as poboacións desta especie provocando o seu refuxio en altitudes baixas ata que, a finais deset último período glaciar, xunto a moitas outras especies arbóreas pouco tolerantes ao frío, comezou a súa expansión polas áreas interiores e sistemas montañosos do N da Península Ibérica. Como resultado desta expansión, a faia chegou a estar presente en gran parte e Galicia, até que, coa adopción da agricultura e a gandaría por parte dos grupos humanos aquí presentes, hai aproximadamente 5.000 anos, comezou o seu declive como consecuencia da xeneralización das actividaes deforestadoras. O resultado de todo iso foi que a faia só conseguíu resistir nas áreas montañosas máis abruptas do oriente de Galicia, onde as condicións climáticas e a dificultade de acceso para os humanos favoreceron a súa pervivencia.
 
== Notas ==