Guerra das correntes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «mediático»
m Reemplazos con Replacer: «de Estados Unidos»
Liña 198:
En 1882, ''Miesbach–Munich Power Transmission'' realizou unha proba para transportar corrente continua a 2kV, alcanzando unha distancia de 57 km. En 1889 púxose en funcionamento a primeira transmisión de longa distancia de electricidade de corrente continua nos Estados Unidos na estación de [[Willamette Falls]], en [[Oregon City]],<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20120716092119/https://www.willamettefalls.org/Hist/Elec|páxina-web=willamettefalls.org|título=History of Station A|data-acceso=30 de xullo de 2021|apelidos=Willamette Falls Heritage Foundation|data-publicación=2008|lingua=en}}</ref> mais no ano seguinte, unha inundación destruíu a central eléctrica. Este desafortunado acontecemento abriu o camiño á primeira transmisión de electricidade de AC a longa distancia do mundo, cando ''Willamette Falls Electric'' instalou xeradores de AC experimentais de Westinghouse en 1890.
 
Ese mesmo ano, formáronse a ''Niagara Falls Power Company'' (NFPC) e a súa filial, a ''Cataract Company'', creándose tamén a Comisión Internacional do Niágara, composta por expertos para analizar as propostas co fin de aproveitar as [[Cataratas do Niágara]] para xerar electricidade. A comisión estivo dirixida por [[William Thomson]] (máis tarde [[William Thomson|Lord Kelvin]]) e incluíu a [[Éleuthère Mascart]] de [[Francia]], [[William Unwin]] de [[Inglaterra]], [[Coleman Sellers]] dedos Estados Unidos e [[Théodore Turrettini]] de [[Suíza]]. A iniciativa foi avalada por empresarios como J. P. Morgan, a familia Vanderbilt e [[John Jacob Astor IV]]. Entre as 19 propostas, mesmo se chegou a considerar o aire comprimido como un medio de transmisión de enerxía, mais preferiron a electricidade, aínda que non puideron decidir que método concreto sería mellor en xeral.
 
=== Despregamento da AC en Niágara ===