Antonio Machado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Desfíxose a edición 5891464 de 2.136.197.91 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 12:
De volta a España traballou como autor teatral e obtivo o título de [[bacharelato]]. En 1901 publicou os seus primeiros poemas na revista ''Electra'' e ao ano seguinte fixo unha nova viaxe a París, onde coñeceu a [[Rubén Darío]]. En [[1903]] publicou o seu primeiro libro, ''Soledades'' e seguiu a colaborar con diversas publicacións: ''Helios'', ''[[Blanco y Negro]]'', ''Alma Española''. En [[1907]] publicou a versión definitiva do seu primeiro libro: ''[[Soledades. Galerías. Otros poemas]]'' e aprobou as oposicións a profesor de [[lingua francesa|francés]] con destino en [[Soria]]. O [[30 de xullo]] de [[1909]] casou con [[Leonor Izquierdo]].
 
En [[1911]] marchou cunha [[bolsa de estudos]] a París, pero ao lle ser diagnosticada [[tuberculose]] á súa dona volveu a España; ao ano seguinte apareceu ''[[Campos de Castilla]]'' e morreu a súa dona o [[1 de agosto]], tras o que Machado pediu o cambio de destino para [[Baeza]]. En [[1915]] comezou estudos de filosofía e letras na Universidade e apoiou aos aliados na [[Primeira guerra mundial]]. En 1916 apareceu unha nova edición de ''Campos de Castilla'' con, entre outros, poemas dedicados a Leonor. Entre [[1919]] e [[1931]] foi profesor de francés en [[Segovia]], alí participa na Liga de Dereitos Humanos local. En [[1927]] entrou na [[Real Academia Española]] e en 1931 trasladouse a vivir a [[Madrid]]. Activo defensor da [[Segunda República Española|República]], logo do alzamento contra esta trasladouse a vivir a [[Valencia]] e en [[1938]] pasou a [[Barcelona]]. Coa desfeita da República Machado cruzou a fronteira francesa e morreu o [[22 de febreiro]] de 1939 en Collioure. Gracias a todo lo escrito y todo su historial literario, Antonio hoy en dia tiene mucha gente que lo admiran, tenemos el caso de Ricardo Pedro Babarro Antolin, culla casa esta dibujada de cosas significatorias de Antonio Machado.
 
== Obra ==