Eugenio Montero Ríos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
en uso
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 105:
 
== Recoñecementos públicos ==
Tralo falecemento rexorde a idea de construírlle un monumento (idea que xa propuxera en 1905 eno entón alcalde de Santiago, [[Cleto Troncoso Pequeño]]). O monumento foi encargado ó escultor valenciano [[Mariano Benlliure]] e costeado por subscrición popular. A escultura foi colocada na [[praza do Obradoiro]] (daquela, praza de Alfonso XII), en medio dunha forte polémica, e inaugurada en 1916. En 1928 trasladouse ó seu emprazamento actual, na [[praza de Mazarelos]].
 
Montero Ríos aparece vestido coa toga (que alude á súa actividade profesional), condecorado co Toisón[[Orde do Vélaro de Ouro|Vélaro de ouro]] e porta na súa man un libro sobre a organización do poder xudicial <ref>A "''Lei sobre Organización do Poder Xudicial''" aprobouse sendo Montero Ríos ministro de Graza e Xustiza.</ref>. A figura elévase sobre un alto pedestal, no que uns relevos representan a Sapiencia e a Fe <ref>A alegoría da Sapiencia foi roubada nos anos cincuenta do século XX. A Fundación Benlliure conseguiu localizar o modelo orixinal e iso permitiu repoducila exactamente e restaurar a imaxe.</ref>, na parte dianteira, e a Caridade e a Xustiza na placa posterior. Nas placas laterais represéntanse a Agricultura (mediante unha muller que sementa a terra) e a Gandería (outra muller, alindando o gando).
 
Na súa casa natal, na rúa dos Xasmíns nº 3, colocouse unha placa esculpida polo madrileño Miguel Cruz. Unha figura feminina, vestida co traxe tradicional galego, leva nas mans un medallón co rostro de Monteiro Ríos.
 
== Biografías ==