Valentina Tereshkova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 43:
 
== Traxectoria ==
Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o [[21 de maio]] de [[1959]]. No ano [[1961]] foi secretaria do [[Komsomol]] (Liga Xove Comunista) e despois, membro do [[Partido Comunista da Unión Soviética]]. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas [[Forzas Aéreas Soviéticas]], tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.<ref>{{cite web |url=http://www.yarregion.ru/eng/Pages/famous_people_Valentina_Vladimirovna_Tereshkova.aspx |title=Valentina Vladimirovna Tereshkova |work=Yaroslavl Region |year=2016 |accessdate=3 de abril de 2016}}</ref> Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas ([[Tatiana Kuznetsova|Tatyana Kuznetsova]], Valentina Ponomaryova, Irina Solovyova, and Zhanna Yorkina.e Tereshkova''')''' en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.
 
Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta [[Andriian Grigorevich Nikolaev]] co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982. O seu segundo marido, o ortopedista Iuli G. Shaposhnikov, faleceu en 1999.