José Luís Quintas Figueroa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Liña 6:
Traballou de fontaneiro e en maio de 1928 entrou como facturador en CAMPSA. Ao final da [[ditadura de Primo de Rivera]] afiliouse á [[CNT]] e en 1929 ao Sindicato de Petróleos. Durante a República desenvolveu unha intensa labor na CNT, asistindo a plenos rexionais, reunións e congresos do sector. Participou na fundación das Juventudes Libertarias, das que foi secretario en Vigo, e nun grupo anarquista non adherido á FAI. Foi detido durante a folga xeral revolucionaria de decembro de 1933 e permaneceu mes e medio na prisión. Tamén foi detido na [[folga xeral revolucionaria de 1934]] e despedido de CAMPSA, aínda que foi readmitido en xuño de 1936. Foi o organizador do asalto ao local de [[Falange Española de las JONS (1934)|Falange]] da rúa General Riego o 7 de febreiro de 1936, para obter documentos sobre as súas actividades e facerse co seu armamento; nesta acción morreu o falanxista Luís Collazo Docampo e o metalúrxico cenetista Robustiano Figueira Villar. José Luís Quintás, ferido nun pulmón, foi detido e recluído no Hospital Municipal.
 
Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] conseguiu fuxir do hospital e organizou a resistencia armada no [[barrio do Calvario]]. Ao fracasar, escondeuse no monte e formou un dos primeiros grupos guerrilleiros. O 5 de abril de 1937 o seu irmán [[Manuel Quintas Figueroa|Manuel Enrique]] foi asasinado polos fascistas en [[Xinzo, Ponteareas|Xinzo]] ([[Ponteareas]]). Viviu agochado na casa de Virginia González Pastoriza en Teis. En 1939 integrouse no grupo dos irmáns [[José García Morales|José]] e [[Rogelio García Morales]] (Os Maletas), que agrupaban militantes anarquistas e comunistas. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de [[Petelos, Mos|Petelos]] Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a [[Manuel González Fresco]]), con José García Morales, [[Ramón Pereira Antelo]], [[Manuel Simón Campos]] e [[Abraham Lloriente Sánchez]].<ref>Requisitoria, ''El Pueblo Gallego'', 17-4-1943, p. 2.</ref> Contrario ao control sobre a guerrilla que empezou a exercer o [[Partido Comunista de España]] en 1943, abandonou a guerrilla e pasou varios anos agochado en Toural. En 1946 a organización clandestina da CNT de Vigo trasladouno ás [[minas de San Fins]] ([[Lousame]]) baixo a protección do capataz [[Miguel Sangenís]], e ao ano seguinte a [[Santiago de Compostela]], onde co nome de '''Clemente Cabaleiro Covelo''' traballou no establecemento de reparación de máquinas de escribir de [[Manuel Ceruelo Ares]]. Foi xulgado en rebeldía en Vigo en varias causas militares e sentenciado a pena de morte, logo conmutada por cadea perpetua.
 
En marzo de 1947 Ceruelo foi detido e encarcerado, xunto con case toda a rede clandestina confederal, e José Luís Quintás escondeuse en [[Ribadavia]] e [[O Carballiño]], onde traballou como axudante dun cura e como viaxante duns almacéns de víveres. Debido a unha delación, foi detido no Carballiño o 16 de febreiro de [[1950]];<ref>''[[La Noche]]'', 27-3-1950, p. 2.</ref> xulgado en consello de guerra o 28 de outubro de 1950 en Vigo polo homicidio do falanxista Collazo, por lesións, por tenencia ilícita de armas e por rebelión armada, foi condenado a morte, pero foille conmutada a pena pola de 25 anos de reclusión maior. Novamente xulgado na Audiencia de Pontevedra polos feitos de xullo de 1936, foi condenado a 30 anos de prisión.
Liña 18:
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O anarquismo na Galiza|nome= Eliseo|apelidos= Fernández|ligazónautor= Eliseo Fernández Fernández|autor2= [[Dionisio Pereira|Pereira, Dionisio]]|ano= 2004|editorial= Positivas|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-87783-79-1|páxinas= 206-207 |url=}}
 
* {{Cita libro |título= Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)|nome= Francisco Xavier|apelidos= Redondo Abal|ligazónautor= |ano= 2006|editorial= Do Castro|lugar= Sada|isbn= 84-8485-231-8|páxina= 113|url=}}
 
=== Ligazóns externas ===