Alto do Forriolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 13:
Domingo Rodríguez Teijeiro, historiador especialista na prisión central albergada no mosteiro de Celanova, afirma que<ref>{{Cita libro|título=Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador. Represión e reclusión en Celanova (1936-1943)|apelidos=Rodríguez Teijeiro|nome=Domingo|editorial=Vía Láctea|ano=1999|ISBN=84-89444-57-9}}</ref>:
{{Cita|O fenómeno carcerario abranguía moito mais que os propios presos ata o punto de facer que a totalidade do pais se convertera nunha inmensa cadea... pois quen estivera en liberdade, non tiña seguridade de non ser encadeado, dada a irregularidade e arbitrariedade con que as leis franquistas permitían actuar aos falanxistas ou á propia policía política.}}
Resulta imposible saber con certeza o número de cadáveres que repousan nos seus arredores, aínda que son moitos os testemuños orais que falan da existencia de auténticas fosas comúns (cfr. por exemplo, ''A Nosa Terra'', 26-VIII-1998 con relación á recuperación do cadáver de Celso Pérez Enríquez [páxina 42]), e mesmo testemuñas directas que acudían a ver ós seus familiares presos que aseguran ter visto moreas de mortos polas gabias das estradas que conducían ó convento.<ref name=":1">{{Cita web|url=https://memoriacelanova.fala.gal/2020/12/19/levarono-o-furriolo-e-non-se-volveu-saber-del/|páxina-web=Memoria de Celanova|título=Levárono o Furriolo e non se volveu saber del|data-acceso=21/09/2021|apelidos=Prada|nome=Julio|data-publicación=19/12/2020}}</ref>. Nos rexistros civís non chegan a trinta as vítimas escritas, e non todas documentadas no Furriolo; e nos libros de defuncións da parroquia de '''Sorga (A Bola)''', onde deberían figurar boa parte dos mortos, nin sequera aparecen recollidos todos os inscritos no xulgado municipal. Unha cantidade realmente inferior á que ofrecen os propios veciños da zona, que vén confirmar as deficiencias destas fontes documentais<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Prada|nome=Julio|data=2005|título=Represión e resistencia antifranquista - O Furriolo, un dos lugares paradigmáticos da represión galega|revista=Arraianos|ISSN=1698-9953|número=3|páxinas=38-41}}</ref>
 
Elixio Rodríguez, na súa obra ''Matádeo mañá''<ref>{{Cita libro|título=Matádeo Mañá|apelidos=Rodríguez|nome=Elixio|editorial=Xerais|ano=2008|ISBN=9788497824392}}</ref>, sostén que cada día chegaban a Celanova entre dez e quince detidos, pero que a poboación reclusa mantíñase estable porque cada noite eran paseados outros tantos mediante unha orde de liberdade ''“expedida polo goberno militar que os falanxistas se encargaban de converter en pena de morte”''.
 
Neste senso resulta ilustrativa unha anécdota que lle contara José Meixengo, o ex-alcalde de Arnoia<ref>{{Cita libro|título=Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la "longa noite de pedra"|apelidos=Simón - Lorda|nome=Simón|editorial=Tórculo|ano=2010|ISBN=978-84-937546-8-6}}</ref>, ó autor: un dos presos solicitou que lle desen máis garavanzos na cea porque os consideraba moi escasos, sendo inmediatamente compracido por un oficial que lle dixo: ''“Repite cantas veces queiras, que son os últimos que has comer, e ademais, non has ter tempo de os dixerir”''.<ref name=":1" />
 
O [[18 de agosto]] de [[1936]] foron asasinados alí [[Eduardo Villot Canal]] e [[Celso Pérez Enríquez]], logo de seren sacados da prisión do [[mosteiro de Celanova]]<ref>{{cita publicación periódica|autor={{Versaleta|[[Xosé Luís Méndez Ferrín|Méndez Ferrín, X. L.]]}}|url=https://www.farodevigo.es/opinion/2738/furriolo-1/84565.html|título=No Furriolo (1)|xornal=Faro de Vigo|data=1 de setembro de 2006}}</ref><ref>{{cita publicación periódica|autor={{Versaleta|[[Xosé Luís Méndez Ferrín|Méndez Ferrín, X. L.]]}}|url=https://www.farodevigo.es/opinion/2741/furriolo-2/85042.html|título=No Furriolo (2)|xornal=Faro de Vigo|data=4 de setembro de 2006}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Cid Fernández|nome=Xosé Manuel|data=2017|título=A represión franquista en Ourense. Novos argumentos contra a desmemoria da persecución sufrida polo maxisterio|revista=Sarmiento|páxinas=73-99|número=21|ISSN=1138-5863}}</ref>, consta ademais a morte de outras sete persoas sen identificar<ref name=":0" />.