Gumersindo Sánchez Guisande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 11:
En [[Buenos Aires]] foi director médico do [[Centro Gallego de Buenos Aires|Centro Gallego]], foi un dos fundadores con [[Antonio Baltar]] do Hogar Gallego para Ancianos en [[Domseelar]] ([[provincia de Buenos Aires]]). En 1953 ocupou a cátedra de Anatomía da Universidade de Cuyo, en [[Mendoza, Arxentina|Mendoza]], onde tamén fundou un [[sanatorio]] con Antonio Baltar. Íntimo amigo de [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], foi un dos médicos que o atendeu, estando presente cando faleceu; el e o seu fillo [[embalsamamento|embalsamaron]] o cadáver.
 
Participou nos faladoiros do [[Café Tortoni]] e estiboestivo presente nos actos organizados polas colectividades galegas; nalgún como representante do Goberno republicano no exilio. Foi membro do Consello Directivo do Lar Gallego de Mendoza dende 1958. Pronunciou conferencias, publicou traballos científicos e sociolóxicos e organizou cursos. Mesmo patentou inventos como o modelo dosificador do [[biberón]].<ref name=":0">{{Cita web|título=Elisa y Jimena Fernández de la Vega, primeras mujeres licenciadas gallegas|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2019/03/03/elisa-jimena-fernandez-vega-primeras-mujeres-licenciadas-gallegas/0003_201903X3C8994.htm|xornal=La Voz de Galicia|data=2019-03-03|data-acceso=2019-03-03|lingua=es}}</ref>
 
Membro da [[masonaría]], formou parte da loxa “Antolín Faraldo”, de exiliados galegos en Bos Aires, que ademais de promover iniciativas editoriais e culturais, fundou en [[1942]] o Fogar Galego para Anciáns de Domseelar.<ref name=":0" />