Celso Emilio Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10:
}}
 
'''Celso Emilio Ferreiro Míguez''', nado en [[Celanova]] na rúa Enriba<ref name=":1">{{Cita web|url=https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/1531/pg_115-140_bgl1.pdf?sequence=1&isAllowed=y|páxina-web=Fondo Literario Minerva|título=Bio-Bibliografía de Celso Emilio Ferreiro Míguez|data-acceso=16/03/2021|nome=Blanca- Ana|apelidos=Roig Rechou|ano=1989|páxinas=|páxina=1}}</ref> o [[4 de xaneiro]]<ref group="lower-alpha">Xesús Oreiro dá como data de nacemento o 6 de xaneiro no seu libro ''Celso Emilio Ferreiro, o home e a obra'' (1995).</ref> de [[1912]] e finado en [[Vigo]] o [[30 de agosto]] de [[1979]], foi un [[escritor]] e [[político]] [[Galeguismo (política)|galeguista]].<ref>[http://celsoemilioferreiro.org/etapas-vitais/ Etapas vitais] no sitio web da Fundación Celso Emilio Ferreiro.</ref> Máximo expoñente da [[poesía social]] en [[lingua galega]]<ref>{{Cita web|url=https://academia.gal/letras-galegas/1989/celso-emilo-ferreiro|páxina-web=Real Academia Galega|título=Celso Emilio Ferreiro|data-acceso=10/09/2021|apelidos=Nogueira|nome=Alba}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Sendón|nome=Manuel|data=1998|título=Territorios da Fotografía|revista=Grial|ISSN=0017-4181|volume=XXXVI|páxinas=597|número=139|apelidos2=Suárez Canal|nome2=Xosé Luis|nome3=Vaqueiro|apelidos3=Vitor}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Obra Completa|apelidos=Alonso Montero|nome=Xesús|editorial=Akal|ano=1978|ISBN=84-7339-081-4|serie=Arealonga|edición=2ª|páxinas=11-16}}</ref>, a súa obra ''[[Longa noite de pedra]]'' é un dos libros chave para entender a [[literatura galega]] contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.<ref>[http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=48180&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13 Ficha do libro na web de Edicións Xerais]</ref> É considerado o máximo expoñente da [[Xeración do 36]] e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX.<ref name=":2">{{Cita novas|data=19/09/2019|título=Corenta anos sen Celso Emilio Ferreiro|url=https://www.anovapeneira.gal/index.php/2019/09/19/40-anos-sen-celso-emilio-ferreiro/|data-acceso=11/09/2019|revista=A Nova Peneira}}</ref> Foille dedicado o [[Día das Letras Galegas]] de [[1989]].
 
== Traxectoria ==
Liña 29:
No [[1937]], durante un permiso en Celanova, foi deitdo por facer un comentario político (presuntamente criticando os crimes perpetrados polos [[fascismo|fascistas]]) en público. Pechárono nunha cela do [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|mosteiro]] da vila, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos perante o [[Gobernadores civís de Ourense|Gobernador de Ourense]] evitou a súa execución. Este suceso inspiraría 25 anos despois a súa obra principal: ''[[Longa noite de pedra]]''.
 
Un día de [[setembro]] do mesmo ano, exercendo o seu labor como radiotelegrafista, errou o número que debía marcar, entrando así en contacto con Moraima, cuxo nome completo era «María Luísa Moraima Loredo Fernández», nacera en Olloniego (Asturias) o 12 de outubro de 1921, sendo filla de José María Jesús Loredo Barreal, de Turillos ([[Langreu]]), un médico afeccionado á cultura árabe -de aí o nome de Moraima-, e de Paz Fernández Cuesta<ref>{{Cita libro|título=Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro|apelidos=Nicolás|nome=Ramón|editorial=Ed. Xerais de Galicia|ano=2012|ISBN=978-84-9914-402-3|páxinas=544-545}}</ref>. Moraima, falecida no ano 1997, sería logo a súa muller e unha fonte inesgotable na inspiración do poeta, en especial, en ''[[Onde o mundo se chama Celanova]]''.
 
=== En Pontevedra ===
Liña 37:
 
O [[15 de xullo]] de [[1943]] casou con María Luisa Moraima Loredo en [[Xixón]], no Ateneo Jovellanos. O primeiro dos catro fillos da parella, Luís, naceu o [[18 de setembro]] de [[1945]]. Naceron tamén en Pontevedra Xosé María o 5 de setembro de 1947<ref>{{Cita libro|título=Celso Emilio Ferreiro|apelidos=Alonso Montero|nome=Xesús|editorial=Ed. Júcar|ano=1982|ISBN=84-334-3036-X|serie=Los Poetas|volume=XXXVI|páxina=19}}</ref> e a única filla da parella, Isabel, nada o 21 de novembro de 1949.<ref name=":0">{{Cita libro |título=Celso Emilio, 1912-1979 : unha fotobiografía |url=https://www.worldcat.org/oclc/25992986 |editorial=Xerais |ano=1989 }}</ref>
 
Entre 1948 e 1949 participou nas emisións radiofónicas do Galician Programme da BBC de Londres, que coordinaba Francisco Fernández del Riego<ref name=":2" />
 
=== En Vigo ===
{{imaxe dupla|dereita|Jenaro de la Fuente - Konstruajho de Camilo kaj Benigno Fernández (1913).JPG|150|Placa de Celso Emilio Ferreiro en Vigo.JPG|147|Placa en Vigo, na casa na que viviu.}}
Tras obter o título de [[Procurador]] dos [[Tribunal|Tribunais]] trasladouse a exercer a profesión a [[Vigo]] chegando a ser membro da xunta de goberno do colectivo de procuradores<ref>{{Cita web|url=https://colegioprocuradoresvigo.es/el-celso-emilio-procurador-se-refleja-en-sus-poemas/|páxina-web=Colexio de Procuradores de Vigo|título=El Celso Emilio procurador se refleja en sus poemas|data-acceso=11/09/2021}}</ref>, ondena cidade olívica viviu ata o [[1966]]. Aquí naceu o último fillo da parella, Xavier, o 23 de decembro de 1950.<ref name=":0" />
 
Ademais, tamén traballou nunha oficina de seguros que fundou cun socio e que sobreviviu ata o [[1955]], e dirixiu un obradoiro de [[fotogravado]].
Liña 65 ⟶ 67:
 
=== Falecemento ===
Un [[Ictus|derramo cerebral]] acabou coa súa vida mentres pasaba as súas vacacións en Vigo, na súa casa da Avenida de Castrelos, o [[30 de agosto]] do [[1979]], despois de xantar con [[Suso Vaamonde]] -cantautor que acababa de agasallarlle o seu último disco ''Limiar'', que recollía a súa vez dous poemas de Celso.<ref>{{Cita libro|título=Celso Emilio Ferreiro para nenos|apelidos=García Teijeiro|nome=Antonio|editorial=Ediciones de la Torre|ano=1988|ISBN=84-86587-25-5|páxina=28}}</ref> Foi enterrado en Celanova o 1 de setembro no cemiterio de San Breixo. Primeiramente celebrouse un funeral no [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|Mosteiro de San Rosendo]], ao que asistiron o [[Presidencia da Xunta|presidente da Xunta]], [[Xosé Quiroga Suárez|Quiroga Suárez]], e o antigo presidente da [[Real Academia Galega]], [[Sebastián Martínez-Risco|Martínez-Risco]], xunto á viúva do poeta, Moraima. Despois celebrouse un acto perante o monumento a [[Manuel Curros Enríquez|Curros Enríquez]], obra de [[Francisco Asorey|Asorey]]. No cemiterio recitáronse poemas do defunto en homenaxe a súa vila natal.<ref>{{Cita novas|título=Enterrado en Celanova el gran Celso Emilio Ferreiro|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2006/08/31/unha-ofrenda-floral-versos-homenaxe-celso-emilio-ferreiro/0003_5068277.htm|data-acceso=18/03/2021|apelidos=Fernández|nome=Carlos|xornal=Hemeroteca de La Voz de Galicia}}</ref>. No seu epitafio consta o seguinte: ''"Máis o lume que alampea xamais o veredes morto"'' <ref>{{Cita novas|data=02/11/2017|título=Un manojo de margaritas sobre la tumba de Celso Emilio|url=https://www.laregion.es/articulo/ourense/manojo-margaritas-tumba-celso-emilio/20171102075951745727.html|data-acceso=10/09/2021|apelidos=Fernández|nome=Laura|xornal=La Región}}</ref> da súa obra ''Cimenterio Privado''.
 
=== Homenaxes e recoñecementos ===
Liña 74 ⟶ 76:
Xa no ano 2003, co gallo dos 25 anos do seu pasamento, realizáronse numerosos actos na honra do escritor de Celanova e volveu editarse boa parte&nbsp;da súa obra.
 
O 31 de agosto do 2012, na conmemoración do seu cabodano, tivo lugar unha homenaxe na que [[Xesús Alonso Montero]] foi nomeado [[Arraiano Maior|Arraiano Maior da Raia Seca]] e o propio Celso Emilio como Arraiano Universal''.''<ref>{{Cita web|url=https://blog.xerais.gal/celso-emilio-ferreiro-e-xesus-alonso-montero-seran-nomeados-mana-arraiano-universal-e-arraiano-maior-da-raia-seca-respectivamente/|páxina-web=Ed. Xerais de Galicia|título=Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente}}</ref>''.'' O acto organizado pola asociación Arraianos tivo lugar en Celanova e comezou coa lectura dun manifesto na praza da vila, deixando paso a unha ofrenda floral e un recital poético a cargo de escritores e músicos, como o gaiteiro de Lobeira Daniel Romero González.<ref>{{Cita audiovisual|título=Celso Emilio Ferreiro e a gaita|autor=Plácido Romero|url=https://www.youtube.com/watch?v=HqyeBjN8qzE|data=18/09/2012}}</ref>
 
A súa obra, traducida ao castelán, tivo unha gran repercusión nacional e foi mesmo cantada en multitude de ocasións, sendo neste momento o poeta galego ao que máis se lle puxo música, con máis de cen versións musicais.<ref name=":2" />
 
O [[Parlamento de Galicia]] acolleu o 12 de marzo do ano 2021 a presentación do libro ''Chorimas para Celso Emilio Ferreiro. Un memorial: 1979-2019''. O acto tivo lugar no Salón dos Reis e contou tamén coa participación do autor da obra, [[Ramón Nicolás]]; o presidente da Real Academia Galega, [[Víctor Freixanes]]; o secretario xeral de Política Lingüística, [[Valentín García Gómez]]; e o fillo de Celso Emilio Ferreiro, Luis Ferreiro Loredo.<ref>{{Cita novas|data=12/03/2021|título=Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no Parlamento de Galicia|url=https://www.elcorreogallego.es/tendencias/homenaxe-a-celso-emilio-ferreiro-no-parlamento-de-galicia-YY6771616|data-acceso=16/03/2021|xornal=El Correo Gallego}}</ref>
Liña 81 ⟶ 85:
=== Ollada xeral ===
[[Ficheiro:Plaza Maior Celanova Panorama.jpg|300px|miniatura|Praza maior de Celanova, vila natal do poeta.]]
Celso Emilio Ferreiro consagrou a recuperación do [[realismo]] social na poesía galega.{{Sfn|Fernández del Riego|1981|p=220}} Esta vertente social da súa obra garda estreita relación cos poetas [[España|españois]] dos anos 50 ([[Blas de Otero]]<ref>{{Cita web|url=https://cadernodacritica.wordpress.com/2012/12/17/entrevista-en-la-region-sobre-onde-o-mundo-se-chama-celso-emilio-ferreiro/|páxina-web=Caderno da crítica - Literatura galega.|título=Entrevista en La Región sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro|data-acceso=11/09/2021|apelidos=Nicolás|nome=Ramón}}</ref>, [[Gabriel Celaya]], [[José Hierro]])<ref>{{Cita libro|título=Dicionario de literatura galega IV|apelidos=Vilavedra|nome=Dolores|editorial=Ed. Galaxia|ano=2004|ISBN=84-8288-656-8|páxina=291|lugar=Vigo}}</ref>, integrantes da expansión da poesía social acontecida en todo o territorio estatal por aquela altura, cos que comparte visións ideolóxicas, mecanismos de expresión e, mesmo nalgúns casos, relacións de amizade, como ocorre con Gabriel Celaya, a quen dedica un poema en ''Longa noite de pedra''.
 
Seguindo a [[Ramiro Fonte]],{{Sfn|Fonte Crespo|1998|p=17-23}} pódense albiscar tres vertentes na poesía do celanovés.