Ponte do Eume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Stoni (conversa | contribucións)
Stoni (conversa | contribucións)
Liña 14:
== Historia ==
A primeira referencia escrita é de 1162 e refírese a unha ponte de madeira. Porén xa debía existir desde tempo inmemorial para comunicar ambas marxes do río, habitadas desde tempos remotos.
A finais do século XIV, [[Fernán Peres de Andrade, O Boo]], mandou construír unha ponte de cantería. Dita ponte tiña 78 arcos e dúas torres, sendo unha das máis longas de Europa<ref>https://gl.wikipedia.org/wiki/Cronolox%C3%ADa_de_Galicia#cite_note-14<ref>https://pontedeumeturismo.es/monumentos-mas-importantes/</ref>: entre os arcos 8º e 9º a Torre da Ponte, e entre os arcos 40º e 41º a Torre do Risco. Entre os arcos 2º e 3º estaban, sobre unhas peañas, os símbolos de Fernán Peres: o oso e o xabarín. Ao final da ponte había un cruceiro. Tamén había un hospital de peregrinos entre os arcos 19º e 20º. A ponte foi reparada en varias ocasións dos estragos que ocasionaban as crecidas do río, mais non puideron evitar a deterioración progresiva da ponte. Así, desaparece o hospital entre 1791 e 1820 e en 1843 desaparecen as torres e os símbolos dos Andrade.
 
Finalmente, derrúbase a ponte e constrúese unha nova entre 1863 e 1873, inicialmente con 11 arcos que se amplían progresivamente ata os 15 actuais. O oso e o xabarín da ponte de Fernán Peres están hoxe en día no claustro do [[convento de Santo Agostiño de Pontedeume|convento de Santo Agostiño]] (actual casa da cultura de Pontedeume).