Francisco Botas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Abanca mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
orto
Liña 6:
Licenciouse en [[Economía]], [[Empresa]]s e [[Dereito]] na [[Universidade Pontificia Comillas]], e posteriormente especializouse en finanzas internacionais na [[Universidade de California, Berkeley]]. Comezou traballando como auditor e consultor na firma [[Estados Unidos de América|estadounidense]] [[KPMG]], unda das catro maiores do mundo no seu sector, e despois na consultora [[Francia|francesa]] [[Capgemini]].
 
En [[1998]] fichouno o [[Banco Etcheverría]] como director xeral, e despois como conselleiro delegado. Botas xestionou a entidade ata a súa compra por parte de [[Banesco]], a entidade [[Venezuela|venezolana]] dirixida por [[Juan Carlos Escotet]], en [[2012]]. Continuou no posto trala venda, e iniciou o proceso de expansión ao abeiro de NCG Banco, entidade coa que xa compartía o Banco Etcheverría algunhas fases da súa operativa. Primeiro, en maio de 2013, mércalle o banco de Betanzos a [[NCG Banco]] 67 oficinas fóra de Galicia, e posteriormente toda a entidade, en decembro de 2013.
 
En marzo de [[2014]], e á vista da dilación no proceso de fusión entre as entidades, pasou a ser o director xeral de NCG Banco.
 
Hoxe en día{{cando}} eé o conselleiro delegado de [[Abanca]].{{Cómpre referencia}}
 
{{Control de autoridades}}